Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

13 julho, 2021

Xoves 15 ás 19:00 - Programa Especial "Canido en Nomes"

 

Presentación do Videoclip e da canción de Canido xunto co proxecto “Canido en Nomes.”

O vindeiro xoves día 15 as 19:00 retransmitiremos en directo o acto de estrea no centro cívico de Canido da canción e vídeoclip adicado ao barrio xunto co proxecto “Canido en Nomes”.

O acto no que participarán Antón Cortizas, autor da letra, Joaquín Enríquez, acordeonista e autor da música, e Rocío Rodríguez, presentadora do programa Luar e encargada de poñerlle voz á Canción, tamén contará coa presenza dos historiadores da Asociación Ferrolterra Antiga. Deste xeito presentarase o proxecto “Canido en Nomes”,roteiro co que as entidades pretenden reivindicar os espacios con nome propio, invitando a descubrir as biografías e historia que hai tras os nomes das rúas do barrio. Neste proxecto  atópase enmarcada a canción de Canido gravada por Andrés Bereijo e producida por Pedro González (Vanenfurgo) xunto co videoclip levado a cabo por Javier González de Explorer 66 Air.


03 julho, 2021

SÁBADOS NO CRUCEIRO - PROGRAMA 18


 No programa de hoxe emitimos a presentación do último traballo "Neno de Monte" de Xabier Vizcaíno que tivo lugar hai unhas semanas no Centro Cívico de Canido en Ferrol.

Na presentación participaron ademáis do propio autor Xabier Vizcaíno, Joaquín Enríquez e Isidoro Valerio




02 julho, 2021

A Xanela das Fucas Nº 56

 


  Nº 56   ( 1-7-2021) 

  A Xanela das  Fucas  comenzan o programa recordando  como  se iniciaron as revindicacions  en    STONEWALL  do día do Orgullo Gay.

 Convidamos a   a  Sofia   Espiñeira López para que nos  fale do seu trballo " Alá onde agroman as herbas” O primeiro traballo discográfico que  conten nove temas, tódos eles compostos pola cantante, tanto letras coma a música.

Son un feixe de cancións que foron nacendo, unha a unha, segundo o camiñar dos últimos anos. Nove temas que sacan fóra do corpo historias, momentos vividos e sentimentos que atravesaron o peito nalgún momento. Algúns xa vellos e outros aínda comezando a andar, os nove reúnen uns cantos anos de vida coma unha biografía escrita en música e canto. E todos eles no seu agromar me levan alá, Alá onde agroman as herbas, ese lugar onde todo está en movemento, onde a vida discorre, onde cada un atopa a harmonía por dentro. "

Audio :  STONEWALL –Así  nació el día del Orgullo Gay.

Convidada:   Sofía Espiñeira López

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,    Ana B. López Verez; ,      Eva  Tizon Bouza,   

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova)  (Sofía  Espiñeira)   Non teño medo ;   (Sofía  Espiñeira)   Amare   (Sofía  Espiñeira) ;   As miñas flores ; (Sofía Espiñeira)   Hoxe temos  voz. 

 


Related Posts with Thumbnails