Pesquisar neste blog

28 janeiro, 2026

Metendo Baza ( 27-1-26)



 Un novo programa de Teima Down Ferrol, onde progresivamente vanse confeccionando as distintas seccións radiofónicas: Canal de Denuncia, As Sariñas e a actualidade teimuda, Axenda musical e artística da comarca, O Motor con David Fdez, Transporte e comunicacións con Teresa(que entrevistou a Jaime Acuña, presidente federación Anpas públicas da comarca) e Con T Maiúscula.

Rúas Sonoras Programa Nº3 - 11.01.2026


Seguimos construíndo este espazo programa a programa. Neste terceiro, volvemos coas tres seccións habituais, novos temas e a mesma intención: manter viva a esencia do Rap, de onte, de hoxe e de sempre.

27 janeiro, 2026

Informativos Rádio FilispiM 27-01-2026



SUMARIO_ INFORMATIVO SEMANAL RADIO FILISPIM ( 27 01 26 )



- Petición de mellora e recuperación da contorna do memorial ás víctimas do franquismo po rparte de diversas asociacións e entidades de Ferrol.


- A Plataforma SOS Sanidade Pública convídanos a participar na manifestación do vindeiro 1 de febreiro, ás 12h, en Compostela: “Mobilízate para defender o teu dereito á saúde”.


- O compañeiro Fer Ocampo infórmanos sobre as novidade da Asc. Cultural Memoria Histórica Democrática para os vindeiros días.


- Despejo do CSOA Escarnio e Maldizer. Compostela, estado de sitio policial. Crónica de Comochoconto.


- Resumo da manifestación do pasado 25 de xaneiro en Ferrol “Antisionismo non é antisemitismo”, convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. En apoio a Bruno Lopes e demais persoas represaliadas pola causa palestina.


- “Noticias Dialogadas”, con Lupe e Inacio: Situaçom aberta no servizo de limpeza no concelho de Ferrol ante a iminente adjudicaçom a umha unión temporal de empresas dun contrato de 118 milhons de euros.


Concentración o 31 de xaneiro, Ferrol por Palestina.


- Peche musical con Homem em Catarse “Hipoteca”.


Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispiniana.-

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!



Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]