- Petición de mellora e recuperación da contorna do memorial ás víctimas do franquismo po rparte de diversas asociacións e entidades de Ferrol.
- A Plataforma SOS Sanidade Pública convídanos a participar na manifestación do vindeiro 1 de febreiro, ás 12h, en Compostela: “Mobilízate para defender o teu dereito á saúde”.
- O compañeiro Fer Ocampo infórmanos sobre as novidade da Asc. Cultural Memoria Histórica Democrática para os vindeiros días.
- Despejo do CSOA Escarnio e Maldizer. Compostela, estado de sitio policial. Crónica de Comochoconto.
- Resumo da manifestación do pasado 25 de xaneiro en Ferrol “Antisionismo non é antisemitismo”, convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. En apoio a Bruno Lopes e demais persoas represaliadas pola causa palestina.
- “Noticias Dialogadas”, con Lupe e Inacio: Situaçom aberta no servizo de limpeza no concelho de Ferrol ante a iminente adjudicaçom a umha unión temporal de empresas dun contrato de 118 milhons de euros.
Concentración o 31 de xaneiro, Ferrol por Palestina.
- Peche musical con Homem em Catarse “Hipoteca”.
Condución/edición: Ana Lucecú / Redación filispiniana.-
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Nenhum comentário:
Postar um comentário