Pesquisar neste blog

14 janeiro, 2026

Rúas Sonoras Programa Nº1 - 28.12.2025




Arrinca Rúas Sonoras, programa adicado ao Rap local e global. Un espazo fiel a súa esencia underground e ao seu carácter reinvindicativo. 
O programa consta de tres seccións : Túnel do tempo (Historia do rap) Versos do Norte (rap dende Galiza) e Zona underground (rap global)
Presentado por Lobish Oito e Anita K Pasa.

13 janeiro, 2026

Música, Surf, Medio Ambiente P.E. 1.2025

 

Malia ter o Programa Música, Surf, Medio Ambiente “en espera”, Jesús Busto, Fran Pérez e Vicente Irisarri quixemos continuar coa nosa tradición de facer un par de programas resumo dá música nova máis interesante do ano, neste caso de 2025.
Arrincando coa a nosa sintonia de sempre dos australianos The Break, o desfile é impresionante: Mogwai, Stereolab, Matt Berninger, Cleo Reed, Bar Italia, Ela Minus, Cassia, Perfume Genius, Jenny Hval, Oracle Sisters, Geese, Arca M y Silvana Estrada… unha boa colleita, a semana que vén máis!

 

10 janeiro, 2026

Sábados no Cruceiro - Programa 39

FALAMOS CON LUCÍA PÉREZ

Joaquín Enríquez conversa neste programa coa artista eurovisiva Lucía Pérez. Falarán da súa xira por Chile, rememorando os recordos que lle trouxo a artista lucense voltar á Quinta Vergara onde estivo participando
en dúas edicións do Festival de Viña del Mar. Tamén falarán dos seus últimos sinxelos e de proxectos que están por chegar.
Cara ao final do programa escoitamos ao grupo de acordeonistas de Cedeira que capitaneados polo mestre Javier Díaz Carrasco veñen de acadar a medalla de ouro no Festival de Acordeón de Arrasate. 


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]