FALAMOS CON LUCÍA PÉREZ
Joaquín Enríquez conversa neste programa coa artista eurovisiva Lucía Pérez. Falarán da súa xira por Chile, rememorando os recordos que lle trouxo a artista lucense voltar á Quinta Vergara onde estivo participando
en dúas edicións do Festival de Viña del Mar. Tamén falarán dos seus últimos sinxelos e de proxectos que están por chegar.
Cara ao final do programa escoitamos ao grupo de acordeonistas de Cedeira que capitaneados polo mestre Javier Díaz Carrasco veñen de acadar a medalla de ouro no Festival de Acordeón de Arrasate.

Nenhum comentário:
Postar um comentário