Pesquisar neste blog

13 janeiro, 2026

Música, Surf, Medio Ambiente P.E. 1.2025

 

Malia ter o Programa Música, Surf, Medio Ambiente “en espera”, Jesús Busto, Fran Pérez e Vicente Irisarri quixemos continuar coa nosa tradición de facer un par de programas resumo dá música nova máis interesante do ano, neste caso de 2025.
Arrincando coa a nosa sintonia de sempre dos australianos The Break, o desfile é impresionante: Mogwai, Stereolab, Matt Berninger, Cleo Reed, Bar Italia, Ela Minus, Cassia, Perfume Genius, Jenny Hval, Oracle Sisters, Geese, Arca M y Silvana Estrada… unha boa colleita, a semana que vén máis!

 

10 janeiro, 2026

Sábados no Cruceiro - Programa 39

FALAMOS CON LUCÍA PÉREZ

Joaquín Enríquez conversa neste programa coa artista eurovisiva Lucía Pérez. Falarán da súa xira por Chile, rememorando os recordos que lle trouxo a artista lucense voltar á Quinta Vergara onde estivo participando
en dúas edicións do Festival de Viña del Mar. Tamén falarán dos seus últimos sinxelos e de proxectos que están por chegar.
Cara ao final do programa escoitamos ao grupo de acordeonistas de Cedeira que capitaneados polo mestre Javier Díaz Carrasco veñen de acadar a medalla de ouro no Festival de Acordeón de Arrasate. 


28 dezembro, 2025

A Xanela das Fucas ( 18-12-25)

Programa  Nº  137 ( 18-12-25)

 Neste programa facemos un   recorrido  por distintas noticias das ultimas semans. asi  como siñalar os ultimos asesinatos   de mulleres,  non toidos recollidos comol cifras oficiais.

 Recollemos  os audios de diputadas  galegas no  Parlamento Galego   e   de denuncias de Cristina Falalras.

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa.

Audios: Celia  Moreno; Cantareiras de Mens;  Ollaia Rodil; Alcaldesa de Samos( Mª Xesus Lopez);   Cristina  Fallaras ( Denuncia de Ariazna; Porque nos afecta a todas;  Andrea R.S).

 A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella, (Nicola Piova);   O cuco e o nadal (Maria do Ceo); Bolboretas do nadal  (Juanquin Enriquez,Patricia Cupeiro, Anton Cortizas) ; Feliz  Navidad ( varios); Nos sembraron miedo, nos crecieron alas   (Vivir Quintana e outras)

 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]