Pesquisar neste blog

02 setembro, 2025

Pilulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (1)

Filispinas, época Ateneo Ferrolán

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando as dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos. Hoxe ofrecemos o audio da primeira das pezas. En sucesivos días enlazaremos as seguintes.

Nesta primeira "pilula" interveñen:

  • Edu Comochoconto (colaborador nos Informativos de FilispiM e integrante de Rádio Raposeira e histórico da Kalimera de Compostela).
  • Eduardo García "Chorbirradio" (condutor do programa de música Retroevolución).
  • Antía Cortizas (integrante de Universo Nosso, programa de crianzas do Colectivo Brincarmos).
  • Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol (representada por Fer Ocampo, quen fora integrante de O Recuncho, mítico programa de Fuco Buxán na FilispiM).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Radio Capìtal", orixinal The Clash (La Furia).

01 setembro, 2025

FilispiM vai... Ás Meninas de Canido!, venres 5 de setembro de 2025


Este venres 5 de setembro ás 19:30 h. programa Especial desde o noso estudio do CC de Canido, aberto ao público. Contaremos con moitas convidadas e sorpresas no 20 Aniversario da FilispiM.

Poderás seguirnos no 93.9FM e vía streaming (a través deste blog).

Acude! Apoia ás Radios Libres! (evento en Facebook)

28 agosto, 2025

Rádio FilispiM cumpriu 20 anos nas ondas libres da Terra de Trasancos.

 

27 de agosto de 2005, hai 20 anos. Comezaba a emitir a primeira e única radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM. Foron moitos os atrancos, técnicos, legais, organizativos... máis un ano e medio despois da creación do Colectivo Opaíí! acadamos o noso obxectivo, "Conspirandos", mil asembleas e festas varias mediante.

Grazas a tódalas persoas e Colectivos sociais que durante estas dúas décadas fixeron realidade esta radioutopía comunitaria, autoxestionada, sen patrocinios, publicidade nin subvencións.

Se desexas achegarnos unha mensaxe de voz podes facelo a través do enlace vermello na marxe dereita deste blog. Clic e fala!

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]