![]() |
Filispinas, época Ateneo Ferrolán |
Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando as dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos. Hoxe ofrecemos o audio da primeira das pezas. En sucesivos días enlazaremos as seguintes.
Nesta primeira "pilula" interveñen:
- Edu Comochoconto (colaborador nos Informativos de FilispiM e integrante de Rádio Raposeira e histórico da Kalimera de Compostela).
- Eduardo García "Chorbirradio" (condutor do programa de música Retroevolución).
- Antía Cortizas (integrante de Universo Nosso, programa de crianzas do Colectivo Brincarmos).
- Asociación Memoria Histórica Democrática de Ferrol (representada por Fer Ocampo, quen fora integrante de O Recuncho, mítico programa de Fuco Buxán na FilispiM).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
Nenhum comentário:
Postar um comentário