Pesquisar neste blog

19 março, 2025

Informativos da Rádio FilispiM, 20/03/2025


Informativos semanais da Rádio FilispiM, 20/03/2025

Sumario:

  • Edu Comochoconto da Radio Raposeira envíanos un audio intitulado “Cre o ladrom que todos som da sua condiçom”.

  • A fanzine Gulpiyuri envíanos un audio coas actividades deste fin de semana.

  • Eva Guerrero informanos das actividades deste fin de semana no Centro Social Artabria.

  • Noticias dialogadas con Lupe e Inacio. O tema desta semana é a situaçom da celulosa Altri, uma verdadeira bomba contra o meio ambiente no coraçom da Galiza.

  • Inácio Caranza envíanos o audio coa intervençom de Maribel e Ana Lucecú da plataforma BDS e a Rede em Solidariedade com Povo Palestino.

  • Inácio Caranza envíanos outro audio coa intervençom do Encontro Galego contra a OTAN.

  • Vicente Irisarri envíanos un audio promovendo o programa mais recente do “Faladoiro da Filispim”. Neste programa faise unha analise e debate sobre o estado da Ría de Ferrol.

  • Ao noso correio chegou un chamamento á concentraçom polo servizo de axuda no fogar. A concentraçom está marcada para a quinta feira 27 de marzo as 12 horas diante do Concello de Narón. Correio enviado polo Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG.

  • Da CIG cheganos tamém información sobre a Xornada de debate sobre o fundo de compensación para as vítimas do Amianto. Será a sexta feira 21 de marzo entre as 11 e as 14 horas no CC Carvalho Calero.

Condución/edición: Jorge Mirancos

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

O Faladoiro - programa 4 (A Ría de Ferrol)

Ría de Ferrol

 O FALADOIRO DE FILISPIM -programa 4-

Neste espazo do Colectivo Opaii! falamos do estado da Ría de Ferrol, analisando as súas condicións xeolóxicas, físico-químicas e biolóxicas... da pegada da industria, da construción de infraestuturas como o Porto exterior.  

As persoas participantes lembran o disfrute integral da nosa Ría na súa mocidade. Cesio, biólogo, acredita o cambio da vida mariña. Ademáis, relaciónase a degradación Ría, con aspectos globais. En definitiva, un problema complexo que precisa concienciación social e unha abordaxe política e administrativa en profundidade e non de parches.

Participan: César, Inácio, Césio, Vicente e Chelo
Convidado: Guillermo Díaz Agrás, Xefe da Estación Biolóxica Mariña de A Graña (Ferrol).


17 março, 2025

Autocuidado para emprendedoras ( 16-3-25)

 Programa:   Autocuidado para emprendedoras  ( 16-3-25)


Ante a proposta   de  Esperanza   Vázquez   Dopico,   ca celebración da xornada   “Porque te lo mereces....  Autocuidado para emprendedoras”, acudimos a sua invitación para compartir  este espacio.

Conversamos   con parte das emprendedoras  que impatiron talleres. Nos contaron  coma se sinten, cales foron os  motiovos para emprender  esta   actividade  e proxectos de futuro.

Fixéronnos    recomendacions como por exemplo  a importancia de non estar soas  nunha tarefa que pode ser moi privada,   que participen en algún tipo de asociación, como por exemplo Mulleres  Artabras .  ter paciencia,  non tirar a toalla  e escoitar as señales  que o corpo pode estar  emitindo.

Tamen coñecemos a opinion dunha participante   que se ofreceu coma modelo nun dos talleres e foi  tamen modelo de pasarela.

Foi unha xornada moi completa , con moita actividae, aprendendo, coidando as emocions,  compartindo a comida moi rica feita  por Paellas Fran,  disfrutamos dun desfile protagonizado  por parte das emprendedoras, participando en sorteos,   compartimos  musica  posta  por Aina, ....... e creando  redes.

Xa nos  esta tardando a  edicion do proximo ano, para poder volver a  encontrarnos e volver a emocionarnos xuntas..........gracias e moita forza  compañeiras ....

Convidadas: Esperanza  Vázquez,  Margarita Carballo; Lorena  Martinez Estevez;  Sabela   Naranjo


;   Rebeca  Mosquera;  Ines   Cobelo;  Susana  Andrade;  Paula  Ferrrer;  Mila   Ailar  Almagro  

Dende radio Filispim:  Chelo Carballal Balsa,   Ana Belen Lucecú;  Ana   Belen López  Verez.

A música que escoitamos:    Fabrica de luz (A banda da loba);   Hoxe  maña e sempre   (Tanxugueiras e Valeria Castro);  Raganu Nakts (Tautumeitas); Na miña pel(Lucia Perez);  Mª Carmen  ( Fillas de Casandra);   Musica para automasaxe; Musica para que medren as plantas fortes; Aire  ( Rosalia Martin).

 

 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails