Pesquisar neste blog

07 março, 2025

A Xanela das Fucas Nº 120

  Programa Nº 120  (6-3-25)

Hoxe temos  o gosto que nos  acompañe   Chus  Díaz Anca,  para recordar xuntas  a   Lola  Ferreiro.   Relatounos   dende cando  foi a sua relación  e os programas nos que participaron xuntas asi coma as distintas publicaions no ambito  da   educaión afectivo  sexual .Leeu   parte dun poema  de Charo Lopes, que se fixo para o día do pasamento.Todas  a lembramos  coma ” unha mulleraza de mente privilexiada “ , polo que o seu hoco e moi  grande .Grazas  Chus  por traemos  de novo o aroma  de Lola e  poder compartilo nesta tarde en Radio Filispim ..... Chus,   grazas pola tua sensibilidade .....tes que volver outra tarde  para compatrir tamen a tua sabiduria .......

Convidada:   Chus Díaz  Anca.

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,  Laura Couto  Vilches,   Ana Belén López Verez.

Audio:  Programa Nº 71 A xanela das Fucas


A música que escoitamos:
  A sintonía do programa:  La Vita E Bella, (Nicola Piova) ;  Carta a mi compañero( Karaxu); La lucha  continua ( Charo Cofré)


06 março, 2025

JBMP#139 - Banda sonora para 8M 2025

 Hoje temos um programa  especial. O programa de hoje está dedicado ao dia Internacional das Mulheres o que quer dizer que vamos poder ouvir música cantada integralmente em feminino.
Nota: este programa é uma versão revista e aumentada do programa feito a 8 de março de 2023

"Jardim à beira mar plantado" é um programa de música portuguesa na Rádio Filispim conduzido por Jorge Mirancos.

Lista de temas:
01- "Sumaúma" por Aline Frazão
02- "Rainha" por M7
03- "Filha de duas mães" por A Naifa
04- "Mulher batida" por A Garota Não
05- "Subida aos céus" por Três Tristes Tigres
06- "Manual de sobrevivência" por Xana
07- "Madrepérola" por Capicua Ft Karol Conká
08- Poema "Poeta" de Alice Neto de Sousa
09- Poema "Cafuné" de Raquel Lima
10- "Pudesse eu infinita cavalgar" por Mia Tomé
11- "Não precisa ser Amélia" por Bia Ferreira
12- "Unha cadela chamada 'por favor'" por PAVA 
13- "Elvira pagã" por Rita Lee
14- "Verde Gaio" por Sara Vidal

Boletín informativo semanal Rádio FilispiM (6/03/2025)

 

 Sumario, semana do 6 de marzo de 2025.

  • 8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo.

    Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe.

    C.S. Artábria, actividades para esta fin de semana:

    - Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho).

    - Sábado 8 de Marzo, Día da Muller. Manifestación ás 20:00 pm, Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto.

    - Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada.

    Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega:

    - Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”.

    - Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”.

    Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira).

    Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol).

    Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM.

    Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”.

    Redación Infomativos de Rádio FilispiM.-

    Conduce: p.m.


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails