S.O.S. Sanidade Pública |
Audio tirado da rolda de prensa ofrecida por S.O.S. Sanidade Pública o martes 25 de febreiro de 2025 en Compostela.
Toma de son: Inacio / Edición: Informativos Rádio FilispiM.
Os medios de comunicación son un piar indispensable para garantir a saúde democrática das nosas sociedades. Son ferramentas básicas para construir unha opinión pública informada e crítica. E dentro desa función, os medios de comunicación públicos xogan un papel esencial para garantir o dereito fundamental dunha información veraz e libre.
Nesta sesión afrontaremos a situación do ente e a loita que están a levar o persoal da CRTVG dende o ano 2018.
Os #VenresNegro. Denuncian situacións de manipulación, censura e de empregar os medios públicos como altofalantes da propaganda do partido no goberno. Situación agravada pola externalización da producción de programas e contidos.