Pesquisar neste blog

23 maio, 2024

Galiza Metálica agora en Rádio FilispiM.

Patty Castro e Filipe Marta (Galiza Metálica)

En Rádio FilispiM saudamos a incorporación á nosa grella de Galiza Metálica, un programa de radio de tres horas conducido por Patty Castro e Filipe Marta, con emisión en Antenha Minho de Braga (Portugal) e emisoras libres e locais no noso país, Galiza.

Patty Castro é ademais integrante dunha banda de metal é impulsora do proxecto Mulleres Galegas Kañeras. O espazo inclúe diversas seccións, con entrevistas a grupos, colaboradoras e visualización deste tipo de música e movida no noso país.

Emisión en Rádio FilispiM, 93.9 FM para Ferrol e Trasancos: venres de 16:00 á 19:00 hrs.

O Recanto do Corcovado, agora en Rádio FilispiM, 93.9 FM


Desde Rádio FilispiM saudamos unha nova incorporación á nosa grella. Trátase de o Recanto do Corcovado, un programa musical especializado conducido por Lois Atanes realizado entre Vigo (Galiza) e Tampere (Finlandia) desde o ano 2000. O espazo procura construír sinerxías musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar a través da calidade como único e indiscutible criterio.

Emisión en Rádio FilispiM, 93.9 FM para Ferrol e Trasancos:
Sábados de 15:00 á 16:00 hrs. 

21 maio, 2024

Off Mental - 135 (voces en feminino, 3)

Sheila Chandra

Off Mental, nº 135

En feminino (3)

  • RITA CONNOLLY - Rita Connolly (Tara Rcds., 1992)
- Factory Girl / Some old man
  • ENYA - The Celts (BBC, 1986)
- Deireadh an tuath
- Eclipse (edición xaponesa, 2009)
  • ANNE CLARK - R.S.V.P. Live at the Muziekcentrum Vredenburg, Utrech (10 Rcds, 1988)
- Cane hill.
- Homecoming.
  • SHEILA CHANDRA - Moonsung. A Real World Retrospective (Real World, 1999)
- Speaking in tongues III
- Dhyana and Donalogue
  • LÍADAN - Irish Traditional Music and Song (Foras na Gaeilge, 2006)
- Dónal Óg
  • MONSOON —Sheila Chandra—  (Maxi. The Mobile Suit Corporation, 1982)
- Tomorrow Never Knows
  • ROKIA TRAORÉ - Tchamantche (Emercy, 2008)
- Dounia
- Aimer
  • NESSI GOMES - Diamonds & Demons (Baraka Rcds, 2016)
-These walls

Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—. 
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Producións Imaxinarias & PodGalego
Medios interesados en redifusión previa comunicación: offmental@gmail.com 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails