Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

23 maio, 2024

O Recanto do Corcovado, agora en Rádio FilispiM, 93.9 FM


Desde Rádio FilispiM saudamos unha nova incorporación á nosa grella. Trátase de o Recanto do Corcovado, un programa musical especializado conducido por Lois Atanes realizado entre Vigo (Galiza) e Tampere (Finlandia) desde o ano 2000. O espazo procura construír sinerxías musicais plurais sen que o estilo ou o país de procedencia importen. Jazz, ritmos étnicos, canción de autor, folk, música tradicional, sons experimentais… todo pode encaixar a través da calidade como único e indiscutible criterio.

Emisión en Rádio FilispiM, 93.9 FM para Ferrol e Trasancos:
Sábados de 15:00 á 16:00 hrs. 

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails