Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador sindicalismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador sindicalismo. Mostrar todas as postagens

10 março, 2013

NOVAS LOCAIS. 10 Marzo de 72. Os investigadores Bernardo Máiz e Eliseo Fernández, analisan o acontecido naquela xornada.


A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao,  dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán,  unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica". 

Durante a palestra, os investigadores Eliseo Fernández e Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista, Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García. Ademáis, según  Bernardo Máiz, de acordo ao publicado pola prensa internacional do momento: 169 traballadores foron detidos na bisbarra de Ferrol, 45 deles pasaron a ser xulgados por asociación ilícita e propaganda ilegal e 130 traballadores foron sancionados coa perda do seu emprego e 200 pasaron a clandestinidade.

Cada 10 de marzo conmemoramos ditos sucesos con ofrendas florais no lugar onde foron asasinados os traballadores e feridos moitos deles, así como ao través de manifestacións convocadas polos sindicatos, nunha xornada reivindicativa que coñecemos coma Día da Clase Obreira Galega.

No seguinte audio, rexistrado por Rádio FilispiM, escoitamos as verbas de Bernardo Máiz xusto no momento en que analisa o contexto, socio-politico e laboral no que se desenvolveron os sucesos de marzo do 72 en Ferrol...

Análise do acontecido naquela xornada, por Bernardo Máiz:
Ir a descargar

Escoita aquí a palestra completa de ambos historiadores, Eliseo Fdez e Bernardo Máiz:
Ir a descargar

Redacción informativos RFM

05 março, 2013

NOVAS LOCAIS. Cafetaría Warhol. Impago a unha empregada. Sindicato Oficios Varios (CNT).


A Cafetaría Warhol está na rua Dolores nº 54 de Ferrol, o seu dono chámase Massimiliano Mariella e, según comenta na prensa local, gosta moito do caldo galego e os callos, pero o que xa non lle gusta tanto e pagar a xente que traballa nos seus negocios. Debeu pensar que para vivir estupendamente nada mellor que contratar e non pagar, así o fixo no restaurante Rigoletto no que algún traballador aínda anda agardando a que lle page os seis mil e pico euros que lle adebeda, e así o esta tentando facer cunha ex traballadora da Cafetaria Warhol antes de que a despedise alegando "causas obxetivas" aproveitando a última reforma laboral do dereitista partido do goberno, o PP. Entre nóminas atrasadas e finiquitos, a cantidade que lle adebeda a esta traballadora é de 8.400 €. O que non sabía o nachiño e que na Galiza, ademáis de caldo e de callos, tamén hai organizacions obreiras. Casualmente unha das traballadoras afectadas forma parte dunha organización desta comarca, o Sindicato de Oficios Varios da CNT; dende iste sindicato rápidamente activaron o principio de apoio mútuo levando ao cabo diversas accións que hoxe vos contamos nos informativos de Rádio FilispiM.

Ir a descargar

Redacción informativos RFM

25 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha manifestación para o 3 de marzo.


A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unnha manifestación en Ferrol  este 3 de marzo.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha unha manifestación en defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago, o domingo día 3 de Marzo ás 12:00 h, dende Porta Nova (Praza de España).

A Plataforma reclama: 
• Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
• Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
• Para que non pechen o Hospital Novoa Santos, ningún PAC e ningún consultorio (lembremos que a Xunta xa pechou o da Graña en Ferrol e o do Seixo en Mugardos).
• Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares e ampliación do Fontenla Maristany.
• Construcción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais, nunca comarca en que o amianto está a causar estragos.
• Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
• Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Na nosa comarca entidades coma Asfedro e Lazos-Comité Antisida, están a sofrer os recortes; como resultado as prestación foron diminuindo peses ao incremento da demanda nestes tempos de crise.
• Pola redución das listas de espera.
• Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
• Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.

O pasado domingo 17 de Febreiro, na Praza de Galicia de Narón, se realizou unha concentración baixo o nome de "Marea Branca" (non confundir coa explosión de solidariedade polo desastre ecolóxico do Prestige). Daquela, organizacións políticas, sindicatos, Colectivos e SOS Sanidade pública respaldaron a mobilización en defensa da sanidade pública, en rexeitamento da privatización sistemática que se ven realizando e que se pretende seguir, secundando unha mobilización xeral en todo o Estado. Escoitamos un fragmento do comunicado que se leu ese domingo 17 de febreiro, na Praza de Galiza de Narón. 


Audio: nova + cunha
Ir a descargar

Audio: Cunha
Ir a descargar

Redacción informativos RFM
Related Posts with Thumbnails