Colabora na autogestom!
Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023
Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]10 março, 2013
NOVAS LOCAIS. 10 Marzo de 72. Os investigadores Bernardo Máiz e Eliseo Fernández, analisan o acontecido naquela xornada.
A Fundaçom Artábria e o Colectivo Chimarrao, dentro dos atos conmemorativos do 10 de Marzo día da Classe Obreira Galega, celebraron o pasado 6 de marzo de 2013 no Ateneo Ferrolán, unha palestra intitulada "Março de 72 de umha perpetiva histórica".
Durante a palestra, os investigadores Eliseo Fernández e Bernardo Máiz, analisaron a historia do movimento obreiro no noso país, dende finais do século XIX até marzo do 72, un ponto de inflexión na loita obreira no ocaso da dictadura franquista, que rematou con dous traballadores dos asteleiros do naval de Ferrol asasinados pola policía franquista, Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García. Ademáis, según Bernardo Máiz, de acordo ao publicado pola prensa internacional do momento: 169 traballadores foron detidos na bisbarra de Ferrol, 45 deles pasaron a ser xulgados por asociación ilícita e propaganda ilegal e 130 traballadores foron sancionados coa perda do seu emprego e 200 pasaron a clandestinidade.
Cada 10 de marzo conmemoramos ditos sucesos con ofrendas florais no lugar onde foron asasinados os traballadores e feridos moitos deles, así como ao través de manifestacións convocadas polos sindicatos, nunha xornada reivindicativa que coñecemos coma Día da Clase Obreira Galega.
No seguinte audio, rexistrado por Rádio FilispiM, escoitamos as verbas de Bernardo Máiz xusto no momento en que analisa o contexto, socio-politico e laboral no que se desenvolveron os sucesos de marzo do 72 en Ferrol...
Análise do acontecido naquela xornada, por Bernardo Máiz:
Ir a descargar
Escoita aquí a palestra completa de ambos historiadores, Eliseo Fdez e Bernardo Máiz:
Ir a descargar
Redacción informativos RFM
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário