A Semana Santa ferrolá acolleu actos actos reivindicativos dignos de mención. Até fai uns anos o Colectivo OPAÍÍ! organizaba en xoves Santo o “Conspirando por unha radio libre”, en defensa e promoción de radios como a que estas a escoitar, Radio Filispim.
Desta vez, por segundo ano consecutivo, fomos testemuñas dunha verdadeira procesión, con bastantes máis motivacións que as relixiosas. A pesar do mal tempo, que dende logo non acompañou, a "procesión" da Cofradía do Flotel saíu o martes 26 de marzo de 2013 polas rúas de Ferrol. Muitas persoas operarias do naval ferrolá enarbolaron buzos de traballo e reclamaron, unha vez máis, carga de traballo para os estaleiros da Ría. O Trono representaba o buque flotel, supostamente encargado a empresa petroleira mexicana Pemex pola Xunta de Galicia.
Lembremos que máis de 2.000 traballadoras e traballadoras foron despedidos das factorías de Ferrol e Fene nos últimos meses. A falta de previsión de carga de traballo, fai aparecer a sombra do desemprego masivo no naval ferrolá. A redución salarial e pode que un expediente de regulación de emprego formen parte das previsións da dirección da SEPI. As traballadoras e traballadores de Navantia seguen en loita, con moita 'Carga de Dignidade', esixindo carga de traballo.
Redacción informativos RFM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário