Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador muller. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador muller. Mostrar todas as postagens

21 fevereiro, 2019

A Xanela das Fucas, programa nº 19. Beatriz Sestayo




Programa  nº 19.-  (14 /20-2-2019)

A Xanela das Fucas convida a Beatriz Sestayo Doce para abordar aspectos xudiciais relacionados coa violencia de xénero. Historicamente a mensaxe do sistema penal cara ás mulleres era claro: as violencias que sufrían nas súas relacións de parella estaban xustificadas ou constituían un problema menor , propio do ámbito privado, no que o sistema penal non debía de intervir.
O sistema patriarcal durante séculos, encargouse de que isto fose así. Actualmente, e tendo en conta que lexislativamente falando existe todo un corpo no que se poden apoiar, os temas xudiciais non flúen como deberían. O problema é a forma na que se interpreta esta lexislación e a necesidade de formación de todos os axentes que interveñen na atención ás victimas.
 A nosa invitada relátanos situacións que están a suceder actualmente, como ela mesma, avogada en exercicio, técnica de igualdade, traballadora do CIM, e secretaria xeral do PSde G- Psoe local vese involucrada nunha demanda por un presunto delito de inxurias a un xuíz. En varias ocasións, no exercicio da súa profesión, tivo que defender a mulleres, e mesmo testemuñas menores, que foron acusados por este xuíz de falso testemuño.
 A próxima semana celebrásese o xuízo,  e moitas mulleres, queren ir de testemuña ao seu favor porque ven , a inxustiza que se está cometendo, xa que o delito que cometeu esta avogada é reclamar que as vítimas sexan atendidas “debidamente” con máis “medios” e con “un trato digno nos xulgados”.
  Grazas,  Beatriz….   En nome de moitas   mulleres. 

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;

 True Colors (Cyndi Lauper); La   Puerta Violeta   (Rozalen);  Tempestades de sal  (SES)  


24 janeiro, 2019

A Xanela das Fucas Nº18 (23-1-2019)

 A Xanela   das Fucas Nº 18   (23-1-2019)


A  Xanela das Fucas   invita  a   Mensi  Cortizas  Bouza, con motivo de la exposición   de sus tapices  que  realiza en la librería Lea  de   Ferrol.
  A Xanela dás Fucas invita a Mensi Cortizas Bouza, con motivo da exposición dos seus tapices que realiza na librería Lea de Ferrol. 
Fálonos das súas paixóns, do seu tempo como profesora de infantil, da súa afección de recoller madeiras que devolve o mar nas praias, de como as trata para incorporalas nos seus tapices.
Como di Sabela, a súa filla, na presentación do catalogo: Houbo un día en que a miña nai rouboume a miña sillita de madeira. Sentouse nela e fíxose pequeñita, e empezou desde alí abaixo a soñar paraísos. E sen darse conta empezou a voar deixándose levar, coma se flotase nunha nube de cores da que brotan mechones de la que se entretejen nas súas mans, mentres pellizca cos seus dedos as cordas dun arpa de algodón ..
Relátanos como foron aparecendo as tres series do catalogo: Refuxios, A illa, e Bosques Soñados. E ese tapiz que titulou “Rosa” pola súa cor e porque o fixo pensando nun bosque rosa dedicado a  sua gran amiga, Rosa, que xa non está entre nós..
Porque, como tamén di Sabela , os soños se entretejen cada día con pequenas febras de ilusións que medran lentamente mecidas pola brisa de quen sabe mirar.
Mensi deixáchesnos un aroma de serenidade, de humildade, de salitre…...de desexo por abrazar os bosques……Grazas . 
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,    Como visitantes:   Ana   Amigo Ventureira ,  Sara Díaz Lamas,   Marisol   Grau Sanz.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;
Petit  Pays  (Cesaria Evora) ;   A Natural Woman  (Aretha Franklin); Il y avait un jardín (Georges Moustaki) ;  Imagine  (  John Lennon)   

04 janeiro, 2019

A Xanela das Fucas nº 16

  Programa nº 16 3-1-2019 


A Xanela   das Fucas  no primeiro programa do  novo ano,   convida  a Belén  Fernández Suarez , quen   nos presentara a última edición da revista Atlánticas. Revista Internacional de Estudos Feministas, onde se  analiza a prostitución como aquela forma de dominación patriarcal dos homes ás mulleres, un mecanismo que posibilita o desexo masculino impóñase mediante unha transacción económica que forma parte do continuum de depreciación das mulleres e de negación e invisibilización da súa subjetividad (sexual) como explica Beatriz Ranea na presentación deste monográfico. Deste xeito, a sociedade e os varóns concretamente consideran ás mulleres como obxectos e non como suxeitos de dereito, onde a prostitución se reformula como un escenario de reconstrución patriarcal para os homes, tanto individual como colectivamente.
Un Estado que normaliza a prostitución como ¿traballo sexual? deixa de actuar en favor da igualdade de oportunidades das mulleres en situación de maior desventaja social porque para estas aparecerá a prostitución como unha alternativa (Gimeno, 2012).
Cando falamos de prostitución temos que facer referencia ao concepto de interseccionalidad porque as mulleres que exercen a prostitución son de diferentes nacionalidades e dunha clase social baixa. Dicimos mulleres porque o 91,31% foron mulleres, o 5,13% transexuais e o 3,56% homes (Ranea, Beatriz, 2018, p. 2) que carecen de dereitos e protección sociais. Deste xeito, na prostitución está presente a feminización da pobreza.
O término interseccionalidad comezou a popularizarse nos ámbitos académico e xurídico a finais dos anos oitenta. Cabo destacar, nese sentido, un artigo de Kimberlé Crenshaw (1989) no que analizou críticamente algunhas decisións xudiciais que, por razóns procesales, negáronse a tomar en consideración unha serie de demandas presentadas desde unha perspectiva conxunta de xénero e de raza.
A revista divídese en cinco artigos, dúas entrevistas, en notas de investigación, tres artigos de temática libre e catro apuntas de libros.
  Belen  deixounos  con  ganas de falar dos outros monográficos o referido a Economía e o que aborda a Educación ….. Tes que  voltar…….

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernandez Bellas,  Ana Belén López Verez,    Como visitante: Ana
Convidada: Belén  Fernández Suarez
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;
 Rebel Girl  de ( Bikini Kill);  Brujas de (Princess Nokia);   Ni una menos  de (Chocolate Remix)



29 dezembro, 2018

A XANELA DAS FUCAS Nº 15


 Programa  nº 15.-  (27-12-2018)
A Xanela   das Fucas  convida  a Alba Nebril  Rodriguez,   unha das mulleres que desenvolve a súa actividade  na Aula de Ecoloxia Urbana de Ferrol. Cóntanos que o traballo que se leva a cabo nela, en realidade é un PROXECTO EDUCATIVO. Nel suscítanse abordar unha serie de temas para que a poboación entenda a súa relación coa contorna dunha forma mais sostenible e menos agresiva con o medio ambiente.
Alba aos poucos lévache ao espazo onde ela quere que esteas, un espazo no que reflexións como estas facendo as cousas no día a día, e logo dunha hora con ela seguro que sentes a necesidade de facer algún cambio,    non   te impon nada,  desexas seguir as suas propostas.
Tamén nos fala dos futuros proxectos da Aula, de talleres, onde se propoña aos participantes , utilizar produtos para a hixiene persoal ou a limpeza en xeral menos tóxicos e co uso  de elementos moi cotiáns, 
 Foron saindo   moitos temas moi interesantes ,    Alba ,  creo que vas a ter que  volver moitas veces…….
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernandez Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza.   Como visitante:  Esther Flores Arias
Convidadas:   Alba Nebril  Rodriguez
Audio:  Ecología e medio ambiente.   
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova)
Mi tierra Veracruzana  (Natalia Lafourcade), Celosa (Las Chicas Del Can),  Redemption Song  Johnny  Cash   e Joe Strummer


02 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 1


 A xanela das Fucas   Programa Nº1.- ( 13-7-2017)

A Xanela das  Fucas  ( Area da Muller da  asociación  FUCO BUXAN) escomenza  a  sua andaina. 
Este espazo pretende ser un oasis de información sobre a contorna da muller, libre de toda contaminación interesada. Unha información libre do sesgo de xenero que acompaña moitas das noticias tal e como foron entendidas durante demasiado tempo . Libre das presións interesadas dos distintos lobbis da comunicación.
As  “xanelas” sirven para airear, iluminar,  permiten a comunicación  do interior co exterior, pero tamén sirven para otear de fora para dentro.
Neste primeiro programa dende a xanela votamos unha ollada o que pasou  nos últimos días:  O  World Pride Madrid 2017,  o seu orixen, a situación en outros paises o significado  da bandeira LGTBI.  Comentase   a creación  da unidade  de apoyo a transexualidad  de menores en Santiago de Compostela,  e tamen a   Ley Trans do Parlamento Valenciano  e o  avance que supon neste ámbito.  
Reseña das películas  dirixidas por mulleres que   se poden ver esos días en Ferrol: París puede esperar (Eleanor Coppola); Maudie, el color de la vida (Aisling Walsh); Wonder Woman  ( Patricia Jenkins).
Fucas que participan: Susana Alaníz Gonzalez, Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez, Teresa Vilariño Lorenzo, Lucia   Vizoso  Amado.
Acompañan: Mari Luz Fdez Galan, Pilar García Gomez, Carmela Serantes Díaz.
Como Padriño  Vicente Irisarri  Castro.
Se estrena a   sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piovani,  tamen se escoita:    Over the rainbow ( Judy  Garland) ; Sobre el arcoíris (Paloma San Basilio);  Milonga de aquí  ( SES);  Traviata, o  Brindis  no Teatro San Carlos de Lisboa (1958)   (Alfredo Kraus e Maria Callas).

A Xanela das Fucas Nº 2



A xanela das Fucas   Programa nº2.-  ( 27-7-2017)
  ( Area da Muller da  asociación  FUCO BUXAN).
As Fucas  acuden  a cita no segundo programa  moi cargadas de información relativa as mulleres.  Durante estos días  a nivel estatal presentase  o  “Pacto de Estado  contra a violencia de xenero”.  Son 200  medidas  dotadas  con 1.000 millons de euros.  Coméntanse  os puntos mais relevantes  e a necesidade da súa aplicación.   Non podemos   estar axenas  a chamada de solidaridade  con Juana Rivas  que  segue en paradero descoñecido tras abandonar xunto aos seus fillos, de 11 e 3 anos, o seu domicilio de Maracena (Granada) horas antes de que se cumprise o prazo que a xustiza deulle para que entregase os nenos ao pai, o cidadán italiano Francesco Arcuri, condenado no ano 2009 por maltrato.
Tamen nos facemos eco   das medidas contra a violencia machista nas festas de San Fermín e  en diversos festivales de música.  
 Reseña das películas:    Duas dirixidas por  mulleres Su mejor historia ( Lone Scherfig),  Una noche fuera de control (Lucia Aniello)  e Dunkerque ( Christopher Nolan), Estados unidos del amor Tomasz Wasilewski

Fucas que participan:   Ines Bouza López,  Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez, Teresa Vilariño Lorenzo, 
Acompañan: Pilar García Gomez, Carmela Serantes Díaz.
Como Padriño  Vicente Irisarri  Castro.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova, Respect (Aretha Franklin)  e   Non son fada nin princesa   ( SES).


A Xanela das Fucas Nº 4


  Programa nº 4 ( 18-11-2017) 
Abordase o tema   da violencia de xenero.  
Logo dun tempo de silencio A xanela dás Fucas regresa ás ondas, para analizar de novo o que está pasando na contorna da muller.
Está próxima a celebración do 25 de Novembro ( Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller) polo que é necesario recordar o porqué desta celebración. Escoitamos as palabras do documental rodado na Republica Dominicana que fan presente ás Irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), as Bolboretas.
Non podemos deixar pasar por alto o que esta pasando no xuízo da   “manada” pola violación nos San Fermines. Tamén se fala do Tribunal de Mulleres Contra a Violencia de Xero que se celebro o 3 de Novembro no Congreso dos Deputados de Madrid.
Felicitamos a Rosa Méndez a primeira muller en España presidenta do CSIC e apúntanse os diversos actos que se celebrarán desde as distintas asociacións o 25 de Novembro en Ferrolterra.
Non podemos esquecer as 50 mulleres asasinadas no que vai de ano,  nin os 5 fillos e fillas durante este 2017.
Fucas que participan: Inés Bouza López,    Chelo Carballal Balsa,  Esperanza Vidal Mtnez,   Lucia  Vizoso  Amado;
Como Padriños:   Vicente Irisarri  Castro e   Pepe  Cuña.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova;   Dignificada (Lila Downs);  A paz esquiva  (SES).
Audio do documental: As Mariposas, As irmans Mirabal


A Xanela das Fucas Nº 6




Programa  Nº 6 .-  ( 26-4-2018)

Programa   sobre libros,  pensado para compartir con las compañeras   de America Latina,  pero  debido a la    sucesión de acontecimientos   se incluyen también otros   acontecimientos como el homenaje a dos   compañeros fallecidos,   Mel y Osmar.    También se hace una reseña   de la participación de   un grupo de poetisas   en la  XI Semana de la Poesia  Salvaje:   Iolanda Zuñiga,   Maria do Cebreiro, Judite Fernandes,  Eva Veiga e Estíbaliz Espinosa, enlazadas por   Eugenia Sanmartín.
  Los libros que se comentan son:  Mientras vivimos  (Maruja Torres): es una gran historia de admiración y celos, de mentira y de verdad, de odio y de amor, de pérdidas y encuentros. Esta  gran novela trata de la herencia que se transmiten las mujeres cuando se eligen unas a otras para tejer entre sí un vínculo más fuerte que la sangre. Premio Planeta del año 2000.
O Corpo de Cristo,  de   Bea  Lema :  es la primera novela gráfica de Bea Lema. Ha obtenido el XII Premio Castelao de la Diputación de A Coruña. La obra trata el tema de las enfermedades mentales desde el punto de vista de una niña. Mostrando su resiliencia frente a los problemas de los adultos.
“Baixo as mismas nubes”    de  Elga   Fernández Lamas: El libro cuenta con 30 ilustraciones en total a todo color, donde el dibujo es el principal protagonista. “Quería que las imágenes hablasen por sí solas”. El chalé de Canido, las “Casas Baratas”, el cine Avenida, los mercados de A Magdalena y Recimil, EL Rena, el quiosco de la Bola de Oro en el Cantón, la Fábrica de Lápices Hispania, el Casino Ferrolano, o la parada del bus 9 en el Callao son solo algunos de los míticos edificios que llenan las páginas de este proyecto.
 Fucas que participan:   Monserat  Cendan Verez ,   Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez,  Eva Tizon Bouza,   
Como Padriño  Vicente Irisarri  Castro.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova ;   A Muradana   ( Duo de Gaitas xeitonas);   Las mujeres del Cua  (Carlos Mejias Godoy);  Vientos   del Alma ( Eugenia   SanMartin); Grandola Vila Morena ( Zeca Afonso)
Audios: Las mujeres que leen son peligrosas: (latvecuador https://www.youtube.com/watch?v=XnXCJlrAtiI, Publicado el 9 mar. 2015; http://www.ccoo-servicios.es 26 de Abril Día de la Visibilidad Lésbica.

01 dezembro, 2018

A Xanela das FUcas Nº 7




Programa  nº 7.-  (24-8-2018).
 A Xanela das   Fucas regresa despois de un  parón para  realizar un programa especial.  O coordinara Ana Belén López Verez ,  formando parte dun traballo de fin de  grao  en Relacions  laborales e  recursos humanos.
 Participan   varias compañeiras de radio   Filispim para   compartir a sua experiencia  no mundo da radio. 
 Se recorda a mulleres   que foron significativas  neste medio  Xohana   Torres  e Begoña  Caamaño.   
 Se escoita   un fragmento da presentación da novela Morgana en Esmelle  de Begoña Caamaño.  Tamen   leese a  carta   que Begoña    escribirálle  a Uxia  e  ésta leeu  no acto  do homenaxe no seu enterro.
Tamen se  reseñan posdcasts   significativos  no ámbito  feminista.
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserat  Cendan Verez ,   Laura  Couto  Vilches, Ana Belén López Verez,    Paula  Meizoso Alonso,    Esperanza     Vazquez Dopico   
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova ; Respect   (Aretha Fraklin, 1967); Alala das Mariñas  (  Uxia ,  meu Canto , 2011).
Audios:   Presentación de  Morgana en   Esmelle  de Begoña Caamaño.

A Xanela das Fucas Nº 9




Programa  nº 9.-  (27-9-2018).
 A Xanela das   Fucas    asomase a  o mundo da prostitución.   Non e un tema do que lle guste a  xente falar ,   nin que se faiga visible nas nosas vidas . Un sector da  esquerda  non conceptualiza  a prostitución coma un proceso capitalista e patriarcal de privatización   do corpo das  das mmulleres . 
Se pensa a prostitución coma  algo colgada  da nada e en ela    sólo  se pode considerar a voluntade de putas e puteros.  E necesario facer unha  análise  político de unha institución que  afecta de unha maneira  moi fundamental nas relacions   de xenero.
  Escoitamos  a testemuña  gravadas  de  duas prostitutas   Irene   desde  Bilbao  e  Sonia Sanchez
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserat  Cendan Verez ,   Laura  Couto  Vilches,   Ana Belén López Verez,   Mª  José  Pena  García, Paula Rojas López
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;    Rosaxanne (Sting).  

A Xanela das Fucas Nº 13


                                                                    

                                                                                    
                                                                        



Programa  nº 13.-  (29-11-2018)

A Xanela das Fucas,   despois de recordar os actos do 25 de  Novembro,  convida a  Eugenia Sanmartín. 
Foi unha conversación ao redor dos micros……unha conversación de mulleres. Eugenia fálonos das súas idas e vindas,  como ao volver foi acollida pola TERRA , dese sentimento ATLANTICO……da súa conexión con Brasil, das músicas de Brasil oídas nun casset regalado…….os seus estudos de arte dramática , os seus estudos de guitarra, de percusión ……de mestres que xa se foron……cuxo recordo fai que aparezan algunha lagrima que surca nunha pel cuxas liñas enmarcan un rostro moi atractivo cheo de experiencias que estas desenado que che digan……as súas historias…..
O seu proxecto de teatro amador…. O seu proxecto con persoas con capacidades diferentes, do seu proxecto “ Roslia na beira do mar”, no Seixo ……..e a conexión deste lugar con Rosalia…….
 Conéctanos o seu entusiasmo con todo o que fai ……imposible non subirse ao proxecto que ela che presenta……
 Grazas…por  como eres … temos que volver a encontarnos na radio.....e na vida. 

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserrat Cendán Veréz,    Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernadez Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza

Convidada:    Eugenia   Sanmartin  

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova),  Estrela do navegante (Eugenia  Sanmartin),   Refacendo ( Eugenia Sanmartin) Upa neguinho   Corcovado  ( Eugenia  Sanmartin)



Related Posts with Thumbnails