Programa nº 4 ( 18-11-2017)
Abordase
o tema da violencia de xenero.
Logo dun
tempo de silencio A xanela dás Fucas regresa ás ondas, para analizar de novo o
que está pasando na contorna da muller.
Está
próxima a celebración do 25 de Novembro ( Día Internacional da Eliminación da
violencia contra a Muller) polo que é necesario recordar o porqué desta
celebración. Escoitamos as palabras do documental rodado na Republica
Dominicana que fan presente ás Irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa),
as Bolboretas.
Non
podemos deixar pasar por alto o que esta pasando no xuízo da “manada” pola violación nos San Fermines.
Tamén se fala do Tribunal de Mulleres Contra a Violencia de Xero que se celebro
o 3 de Novembro no Congreso dos Deputados de Madrid.
Felicitamos
a Rosa Méndez a primeira muller en España presidenta do CSIC e apúntanse os
diversos actos que se celebrarán desde as distintas asociacións o 25 de
Novembro en Ferrolterra.
Non
podemos esquecer as 50 mulleres asasinadas no que vai de ano, nin os 5 fillos e fillas durante este 2017.
Fucas que participan: Inés Bouza López, Chelo Carballal Balsa, Esperanza Vidal Mtnez, Lucia
Vizoso Amado;
Como Padriños: Vicente Irisarri Castro e
Pepe Cuña.
A música que escoitamos:
A sintonía do programa La vida es
bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova; Dignificada (Lila Downs); A paz esquiva (SES).
Audio do documental:
As Mariposas, As irmans Mirabal
Nenhum comentário:
Postar um comentário