Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador mujeres. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador mujeres. Mostrar todas as postagens

11 janeiro, 2019

A Xanela das Fucas nº 17

  Programa nº 17  ( 10-1-2019)

A Xanela   das Fucas  ante os feitos sucedidos nos últimos días dicimos atoparnos e realizar un programa para abordar o sucedido en Andalucía. 
Todas pensamos que esta páxina da historia xa a tiñamos superada , pero escoitamos que a envellecida clase media masculina saíu das cloacas e aparece para lanzar mensaxes de medo apelando á unidade de España e un estado libre de corrupción .

Escoitamos audios de distintas intervencións de representantes de VOX. 
Propoñen un cambio , pero volver ao pasado non é un cambio é retroceder. Volver á familia tradicional é volver á desigualdade dunha muller subordinada dentro do fogar, para que tivese o fogar do obreiro da industrialización , ou do campesiño, suxeitos a unha férrea disciplina nos seus medios laborarles,  se lles recompensába cunha orde de dominio en casa sobre a muller, e cun certo benestar baseado nos coidados gratuitos que estas proporcionaban . 
Realizan unha exhibición da defensa dos touros e a caza como formas de masculinidad e ridiculizan posturas que defenden posturas contrarias.
En moitos momentos envolven o discurso dunha forma que non todos os argumentos poden ser entendidos como reaccionarios sen deconstruirlos pacientemente . Tamén falsean datos, que cando son rebatidos, repiten insistentemente co afán de converter en verdade a base da repetición non da argumentación . 
Malia todo logramos, en varios momentos rirnos e rematar  con esperanza , que se cultiva co esforzo do día a día , en liberdade, como antídoto do medo. 
“A vida non e  fácil para ningún de nós. Pero . ¡ que importa ¡. Debemos perseverar e ter confianza en nós mesmos”.  Marie Curie
 Audios:   Vox en estado puro,  Entrevista a Rocio Monasterio.  
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa, Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernandez Bellas,  Ana Belén López Verez,    Como visitante:  Sara Díaz Lamas
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;
Back to Black  (Amy Vinehause) ; Malamente ( Rosalia).  

16 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 14







Programa  nº 14  (13-12-2018)

A Xanela dás Fucas convida a un grupo de mulleres de Vigo que iniciaron un proxecto onde recollen historias de mulleres de distintos lugares do mundo.

 Partiron das redes sociais, como os distintos hashtags que proliferaron nos últimos anos. Lémbrase como este medio, nos últimos meses, foi un dos motores do feminismo. #Me Too, #As Feministas Queremos e # Cóntao serviron para dar voz e empoderar de forma colectiva a moitas mulleres.

Como sinala Cristina Fallases: "É moi importante deixar claro que son mecanismos de comunicación conxuntos que nos roubaron. Recoñécesche na outra persoa e maniféstasche conxuntamente. De aí a utilidade destas etiquetas. A conciencia de clase existe ata que a borras. A conciencia de xénero directamente non existía".
 Sonia e Verónica parten dun grupo Mulleres femininas valerosas e solidarias, de distintos lugares do mundo que iniciaron unha recollida de historias de mulleres que neste momento están a lle dar forma nun libro que se chamará Mirada de Muller .

Cóntanos como iniciaron o proxecto e a boa resposta que está a ter, teñen mais de 150 historias
 e xa lle piden que fagan un segundo libro.   Son   mulleres optimistas  e con a derminación de  
 que a palabra de    distintas  mulleres queden plasmadas  nun libro que se distribúe en todo o mundo. 

Compartimos o audio que relata a experiencia de “O que calamos as mulleres” proxecto que chega desde o outro lado do Atlantico. Recolle diferentes relatos por medio audiovisual  que anualmente se renovan.

Tamén nos facemos eco do primeiro informe que Unicef realiza exclusivamente sobre a infancia en Galicia.  Nun ano 283 menores galegos, dos que a maioría, 193, son nenas, foron vítimas de violencia no ámbito familiar. Trátase de violencia de todo tipo, non só física, pero as autoras do informe lamentan que no sector sanitario e educativo haxa un descoñecemento dos protocolos e follas de notificacións de sospeitas de malos tratos, o que permitiría facilitar o labor de prevención.


Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserrat Cendán Veréz,    Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernadez Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza
Convidadas:   Sonia   Castiñeira   Ramirez   e  Veronica  Taboada Iglesias
Audio: Lo  que callamos las mujeres.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;   Supermujer(videclip oficial)   ( Georgina ) ; Llegaremos a tiempo (videoclip oficial)
(Rosana ).   

02 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 3



A  Xanela das Fucas  Nº 3   ( 10-8-2017) 
 Después de   comenzar un programa radiofónico  quincenal ,   dicado a la temática feminista ,  el grupo de mujeres de las FUCAS , deciden realizar en castellano  ( habitualmente  se realiza en  Gallego)  un programa  d dicado  a  libros,   para compartir con   el grupo del curso  de ciberfeminismo  en forma de podcast.
   Se decide  titularlo:   Los libros que me dijeron  algo.     Cada una de las mujeres del grupo  aportaran el comentario  de  un libro que  les modifico en algún sentido    su forma de pensar.
   Alguien en algún momento dijo que  la medida de la lectura  no debe  ser el número  de libros  leídos ,  sino el estado en que nos dejan.
   Se plantea que  debido a que   son muchos los libros que pueden ser comentados y que cada vez son mas las publicaciones  en el ámbito feminista    dedicaremos una vez al trimestre a esta temática. Se pretende abrir  la posibilidad que cualquier mujer   de la ciudad pueda  acercarse a la emisora a compartir su experiencia .           
Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,  Laura Couto  Vilches ,  Ana Belen López Verez,   Ana Rodriguez  Mendez;  Esperanza Vidal Mtnez,  Teresa Vilariño Lorenzo, Lucia   Vizoso  Amado;
Acompañan:   Monserrat   Cendan  y amiga
Como Padrino  Vicente Irisarri  Castro.
 La música que escuchamos:  La sintonía del programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova, Mª Soliña  de Carlos Nuñez y Teresa Salgueiro, Semente de vencer de SES.

Related Posts with Thumbnails