Pesquisar neste blog

Mostrando postagens com marcador marchtogaza. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador marchtogaza. Mostrar todas as postagens

19 junho, 2025

Informativo semanal da FilispiM, 19/05/2025

 Informativo semanal Rádio FilispiM, 19/06/2025.-

Sumario:

- Segunda metade da crónica da Marcha a Gaza da columna galego/portuguesa. Os compañeiros da redación destes informativos, Xan Lopez e Inacio Martínez, partían o pasado mércores 11 de xuño de 2025 até O Cairo, coa intención de chegar, xunto tres milleiros de activistas pola paz, até Gaza polo cruce de Rafah. Lupe Ces continúa a narrar as vicisitudes acontecidas aos nosos compañeiros. Atoparás a primeira metade desta crónica neste enlace.

Narración e crónica: Lupe Ces / Documentación: redación filispiniana  / Edición e montaxe: André pequenomonstro. Música: Amal Murkus (Bajo los escombros).

- O Colectivo LGTB+ de Ferrolterrra, Avante, programa para os vindeiros días e semanas actos polo Día do Orgullo. Serán en Naraío (San Sadurniño) e Canido (Ferrol).

- A corrupción política, inherente ao sistema capitalista. Edu Comochoconto desde Rádio Raposeira, itinerante.

- O cantautor ferrolán Marcos Mella presenta o seu último videoclip, "Esas palabras", peza incluida no seu último álbum "300 Meses de Luxe".

Condución: André pequenomonstro.-

12 junho, 2025

Informativo semanal da Filispim, 13/06/2025 (última hora Marcha a Gaza)


Informativo semanal Rádio FilispiM, 12/06/2025.-

Sumario:

    Abrimos coa ÚLTIMA HORA da Marcha Glogal a Gaza. A nosa compañeira Lupe Ces fai unha crónica do acontecido aos nosos compañeiros Xan Lopes e Inacio Martinez desde que partiron o mércores 11 de xuño do aeroporto de Compostela (Galiza) cara O Cairo (Exipto). Edición/montaxe: André pequenomonstro. 
    * Escoita a segunda metade da crónica neste enlace.
    Ademáis:
  • FUCO BUXÁN achéganos un comunicado ante a aprobación da posible instalación dun skatepark sobre o Parque Antón Varela, en Canido.

  • “Conciliación familiar e educación no capitalismo”. Edu COMOCHOCONTO, dende Radio Raposeira.

  • Convocatoria de SOS SANIDADE PÚBLICA á movilización do vindeiro 12 de xuño, baixo o lema: “Listas de Agarda. Máis Transparencia. Máis Recursos Público”. En Ferrol, concentrarémonos fronte o centro de saúde Fontenla Maristany, ás 20h.

  • Silvia Bogo infórmanos das actividades que se levarán a cabo nos videiros días no Centro Social Artábria, en Ferrol.

  • Peche musical co tema “ Todo me va bien” de Albert Pla e Kase O, aproveitando o concerto que o músico catalán ofrecerá este sabado 14 de xuño, ás 20.30h, no Auditorio de Ferrol.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

11 junho, 2025

Xan Lopez e Inacio Martinez, compañeiros da FilispiM, deixan unhas verbas antes de partir #marchtogaza.

 
Xan e Inacio, compañeiros  da redación dos informativos de Rádio FilispiM, emisora libre de Ferrol (Galiza), falaron para nós horas antes de partir cara O Cairo (Exipto), como integrantes da Marcha Global a Gaza, xunto a outras moitas delegacións. Desde aquela, Xan e Inacio e resto da delegación galego-portuguesa, están a vivir vicisitudes que podes seguir nos nosos boletíns informativos. 

Agardámovos de volta á casa, coa semente de humanidade ben espallada!
#marchtogaza #palestina #radioslibres

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails