Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 julho, 2010

Suspensión temporal das emisións filispinas, por obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán.


Estimad@s filispin@s, tod@s:

O pasado 29 de xunho de 2010 ás 16:35 h, Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, deixou de emitir temporalmente. Neste lugar debería ir unha explicación máis ou menos lóxica e convincente para que todxs coñecésemos as razóns de tal “apagón”. logo de case que cinco anos de emisións ininterrompidas dende o xa famoso estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán [cinco anos de emisións que cumpriremos en agosto deste 2010].

En lugar de darvos esa razón “aplastante” que vos deixaría a todas e todos contentas [ou non?] oferecémosvos unha serie de razóns para que vos elixades [ao voso entender] a máis lóxica e convicente.

Este extrano procedimento ten que ver cun experimento que estamos a levar a cabo no departamento Filispiniano de Humanística, de cuxos resultados informaremos en futuras entradas neste mesmo blogue. Permanecede a espera.

Se o desexades podedes elixir e votar pola opción [ou opcións] que pensades son as que teñen motivado a SUSPENSIÓN das emisións de Rádio FilispiM. Para ilo habilitamos un panel de votacións que atoparás na marxe dereita deste blogue. Ademáis, nun derroche de espirito democrático sen igual, podededes deixar o voso comentario ao pé desta entrada.

Estas son as razóns polas que PODEDES VOTAR. Animádevos!!!:

OPCIÓN 1º. Non hai suspensión, de feito non houbo nen sequer emisións en todo este tempo. Éche todo unha trangallada do Colectivo Opaii!, unha farsa que durou case que cinco anos. Que todo o mundo se entere!.

OPCIÓN 2º. Trátase dunha suspensión das emisións para o mantemento dos equipos e do persoal. Aos equipos háilles que cambiar as lámpadas e ao persoal algún tornillo. En breves volverán ao ár, estou segura.

OPCIÓN 3º. Non apagaron os equipos de emisión, llos apagaron!!! Ou fou Fenosa, por impago, ou a Xunta, por alegais. Escoiteino ontes na pescadería!

OPCIÓN 4º. Foi un apagón de emisións temporal. Van cambiar de ubicación o estudio da radio. Onde estaban eles van montar unha perruquería, eles van para un lugar máis seguro [logo das últimas ameazas… da Policía].

OPCIÓN 5º. Realmente todo é un experimento sociolóxico para estudiar a reacción do pobo de
Ferrol e Trasancos tras a desaparación dunha droga á que foi enganchada previamente.

OPCIÓN 6º. La culpa de todo la tiene Zapatero. Sin más, lo dijeron en Intereconomia TV.

OPCIÓN 7º. A suspensión das emisión é tan só unha interrupción. Van cambiar os equipos á unha nova ubicación dentro do Ateneo Ferrolán. Rádio FilispiM pasa a ocupar todo o Ateneo e o Ateneo pasa a ocupar o metro cadrado que lle deron a Filispim hai cinco anos.

OPCIÓN 8º. Ganando como está “La Roja”, no sé a que vienen estos temas. Arriba España!!, coño!!

OPCIÓN 9º. Non deixaron de emitir, é unha emisión especial de Aquiloquevibra, están emitindo un maxi dun grupete destes raritos dos oitenta, música experimental, ruidista… Só tes que clicar no reprodutor de abaixo.

OPCIÓN 10º. Non. Trátase dunha suspensión de emisións, durante o tempo que dure a instalación da nova torreta: en Montefaro, con 18 dipolos apilados e o novo emisor de 5.000 w.

OPCIÓN 11º. Ten que ver coa comentada fusión de RADIO MARÍA con RADIO FILISPIM, nunha nova cadena que se chamará RADIO MARÍA A TODO FILISPIM STAR. Canto teñan postos os crucifixos, cadeiras eléctricas e demáis aparataxe preparao reanudarán as emisións.

Agora XA PODEDES VOTAR no panel que habilitamos na marxe superior dereita deste blogue.

En breves colgaremos, en exclusiva, unhas extranas e desasosegantes imaxes tiradas o día do apagón temporario filispiniano. Atentas, atentos. Seguiremos informando...

Escoita a Radio FilispiM suspendida no Dial

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails