Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens

20 junho, 2015

XVI Sesión Vermú, fin de grella, 2014/2015. Sábado 20 de xuño, a partir das 12:00 h.


Vem celebrar com nós a despedida da tempada filispiniana 2014/2015. 


Este sábado 20 de Junho, nova Sessiom Vermú na traseira do Mercado de Caranza a partir das 12:00 até as 15:00 h., com a actuaçom, especial de Jamie Fifthring (Jaime Quintanilla).


Radio ao vivo, música, petiscos e sorteio de camisolas filispinianas!!. Nom o podes perder!!



Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1592178171051262/

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

30 abril, 2015

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios Varios da CNT, convocan un 1º de Maio alternativo en Ferrol.


1º de maio alternativo en Ferrol, este venres ás 18:00 no Cantón (Ferrol).

As Marchas da Dignidade e o Sindicato de Oficios varios da CNT, convocan en conxunto unha manifestación en Ferrol o vindeiro 1º de Maio de 2015 as 6 da tarde con saída do Cantón en Ferrol.
Ao igual que noutros puntos do Estado español, as Marchas da Dignidade suman forzas  ao sindicalismo alternativo co obxecto de crear as condicións para unha mobilización de carácter estatal e xeral,  unha folga laboral, social e de consumo para o vindeiro 22 de outubro de 2015.  Con esta mobilización tentarán denunciar un cambio de modelo social, que actualmente condea a maioría da poboazón a vivir na precariedade e na falta total de expectativas.

 En diversas cidades do Estado español son 10 as organizacións que convocan esta mobilización xunto a todos os colectivos sociais e organizacións que conforman as Marchas da Dignidade, baixo o lema “Polo reparto dos traballos e a riqueza: camiñando cara a Folga Xeral”. Sen esquecer a principal consigna da loita das Marchas dende o 22 de marzo de 2014: " Pan, traballo, teito e dignidade".
Segundo os colectivos e sindicatos organizadores “para que toda a poboazón síntase convocada e partícipe da Folga Xeral do vindeiro 22 de outubro de 2015, esta debe plantexarse da forma máis imaxinativa posíbel, tratando de recoller a realidade social que está a mudar”, por iso queren involucrar a toda a sociedade dende xa.

A cita para participar no primeiro de maio alternativo en Ferrol, é o venres 1 de maio as 6 da tarde, con saída do Cantón. Na nosa cidade organizan: as Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT.

O Pequeno Monstro para os informativos locais da libre e comunitaria de Ferrol.
Montaxe sonora, mobilización Marchas da Dignidade: galizacontrainfo

29 abril, 2015

Aparecen pintadas xenófobas no Parque do Inferniño, Ferrol.


Aparecen pintadas con contido xenófobo no Parque do Inferniño, bairro de Ferrol, onde moran numerosas persoas inmigrantes.
O Foro Galego de Inmigración vén de fazer público un comunicado denunciando a aparición de pintadas de carácter xenófobo no Parque do Inferniño en Ferrol, un barrio onde moran gran cantidade de persoas inmigrantes.
Na pintada, na que pode lerse en grandes letras “4.000.000 de parados, 4.000.000 de inmigrantes menos”, tenta relacionarse o número de parados coa presenza de inmigrantes no noso país, una relación absolutamente falsa e indigna. As persoas inmigrantes non son responsábeis da crise, nen do paro, non son bultos, nen máquinas, son pesoas. Son ademaís persoas traballadoras que desenvolven a súa actividade laboral, que contrubúen a cotizar a Seguridade Social e pagan os seus impostos, en moitas ocasións asumindo traballos, tarefas e situación laboráis, que non aceitaría outra persoa “natural” do estado. Cando unha persoa inmigrante queda desempregada, non é menos ca nós, é unha persoa que está a sofrer unha crise da que non é responsábel, inda por riba, pola súa condición de inmigrante é moi posíbel que fique sen Seguridade Social ou mesmo con perda de dereitos de permanencia no país, ao ficar desempregado.
As persoas inmigrantes que teñen a desgraza de estar en situación irregular no noso país, o están por motivos alleos a súa vontade, non porque desexen autocondenarse á irregularidade administrativa e ao traballo clandestino.
O menos que debemos ter, as persoas humanas e os representates políticos de quenda, é respecto cara isas persoas que están en situación de flagrante desigualdade e vulnerabilidad. Un discurso que homologue o número de inmigrantes cunha situación de crise ou índice de desemprego, ten unha intención política xenófoba e racista, indigna dun ser humano, lonxe dos datos e argumentos razoábeis. Os discursos valeiros, malintencionados como os que reflicte a pintada aparecida no parque do Inferniño, contribúen a sembrar descoñecemento, intolerancia e, pode que até, violencia cara as persoas inmigrantes.
Unha pesoa inmigrante debe ser o noso amigo; o noso inimigo deben ser aqueles que coas suas políticas ou prácticas traen situación de desigualdade, onde o pan, traballo e teito se convirten en demandas en troques de dereitos fundamentais aos que ter acceso tod@s, con indiferencia da orixe ou cor da pel. O noso inimigo é o totalitarismo, o populismo, a avaricia e o Capitalismo salvaxe que nos levou a esta crise. As persoas inmigrantes son as nosas amigas.
Dende os informativos de Rádio FilispiM, solidarizámonos co Foro Galego de Inimigración, e con todas as persoas inmigrantes, esiximos a persecución de calquer acto ou manifestación xenófoba, nas rúas, prazas, campos de fútbol e claquera outro recuncho das nosas vidas.
Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

26 abril, 2015

As constantes vitais da Sanidade Pública en Ferrolterra, a análise.

Esta semana as constantes vitais da Sanidade Pública, na nosa comarca, foron analisadas en Escarnio.

O pasado xoves, no tempo do programa Escarnio, que emite Rádio FilispiM, falou Francisco Xavier Igleisas, delegado da CIG – Saúde en Ferrol. Durante boa parte do programa contou os atrancos que deben sortear as traballadoras da sanidade pública da Comarca de Ferrol, no día a día do seu traballo, facendo fronte a falta de persoal e de recursos imprescindíbeis para prestar un servizo público de calidade, fundamental, como é o da saúde pública.

O delegado sindical puxo de manifestó a vangarda, canto a defensa de dereitos, na que está a Comarca de Ferrol, que conta cunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública moi activa. Ademáis, falou de como sectores máis sensíbeis da poboazón están a sofrer de maneira especial os recortes sanitarios, mesmo na atención primaria, como é o caso do colectivo de inmigrantes, e mesmo da represión sindical que exerce a Consellaría de Sanidade diante das mobilizacións das traballadoras e delegad@s sindicais. Así, lembrou o acontecido en febrero de 2014 cando dous delegados da CIG foron trasladados a Comisaría Ferrolá para a súa identificación e posteriormente sancionados. Acontecía trala visita da Conselleira ao Hospital Arquitecto Marcide, previo desaloxo das traballadoras do seu propio centro de traballo, por uns 15 antidistubios, todo esto dentro das instalación do hospital público ferrolán. A día de hoxe os dous sindicalistas seguen pendentes de xuizo.

Escoitamos ao delegado de CIG Saúde Francisco Xavier Iglesias, no programa Escarnio de Rádio FilispiM, o pasado xoves.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

19 abril, 2015

A plataforma cidadá de Ferrolterra contra do TTIP, falou en Rádio FilispiM.



A Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra do TTIP (Tratado Transnacional de "libre comercio") vén
de participar, o pasado sábado 18 de abril de 2015, nunha convocatoria mundial contra deste tipo de tratados, impulsados a costas da cidadanía, resultado de negociacións ás agachadas entre os gobernos dos Estados de Canadá, EEUU e a propia U.E., con empresas transnacionais, vulnerando todo tipo de dereitos das persoas e prexudiciais ao medio ambiente.

Esta semana, tres integrantes da Plataforma cidadá contra do TTIP en Ferrolterra (Rubén, Celso e Elvira), explicaron na Rádio FilispiM, as orixes deste tipo de tratados e as consecuencias directas contra das persoas habitantes dos Estados que andan a asinar estes Tratados as costas da súa poboazón, como é o caso do español.

Ovímolos...

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol

O Ateneo Ferrolan apresentou umha solicitude de reconhecemento de responsabilidade patrimonial ao Concello de Ferrol.


O Ateneo Ferrolán solicita ao Concello de Ferrol que assuma o custo da fatura do transporte e custódia dos seus bens.

O Ateneo Ferrolán solicitou o reconhecemento da responsabilidade patrimonial ao Concelho de Ferrol em umha rolda de impresna que, seu presidente, Eliseo Fernández e o avogado da entidade, José Manuel Aneiros, deram na passada quarta feira 15 de avril (mércores) no edificio do Ateneo Ferrolán.

A continuaçom escutamos o audio da rolda de impremsa.

Informou Cholo para Rádio FilispiM.
Edición de audio: Pequeno Monstro.

02 abril, 2015

Regresa o CONSPIRANDO por unha Rádio Libre, na súa VII edición; xoves "santo" 2 de abril de 2015 en Ferrol.

Audio promo do VII Conspirando
O Colectivo Opaii! celebra os 10 anos das emisións da Rádio FilispiM, 93.9 FM, con diversos actos, dentre deles a reactivación dun clásico dos xoves "santos" ferrolterráqueos, o Conspirando por unha Rádio Libre, na súa VII edición.

Apresentado e animado pola actriz Cristina Moreira, contará coas actuacións dos grupos da comarca: SARAVÁ CRIÔLO (Música brasileira),  SkyHookS (Basket-Roll Band) e CARRERO BIANCO (Synth pop).

Durante os concertos haberá petiscos, sorteo de estupendas camisolas filispinianas e até un photocall...

Entrada: 5€ (para a autoxestión da radio). Apertura portas: 22:00 hrs. Sala Super 8 (R/ Real). Ferrol. 
Non o podes perder...  

Rádio FilispiM, 10 anos compartindo.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559033914362272/

31 março, 2015

Ciclo de audiovisuais sobre a radio, no Ateneo Ferrolán.

Ciclo de audiovisuais sobre a radio.

Continúan os actos do décimo aniversario das emisións de Rádio FilisipiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol).

Onde, cando?: Ateneo Ferrolán, salón de actos. Marzo 2015, 19:00 hrs, entrada de balde.

Organiza: Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM. Colaboran: Ateneo Ferrolán, E.O.I de Ferrol.

Martes 3 de marzo. 
- Radio encubierta.
En 1966, BBC só emitía duas horas de rock & roll a semana; mais, unha radio alternativa instalada nun barco no mar do Norte, pon o contraponto... Cando Carl é expulsado do colexio, a súa nai mándao pasar unha tempada co seu padriño Quentin, o responsábel dese emisora "pirata" que programa para todo o país pop e rock, conquerindo unha audiencia impresionante.
Martes 17 de marzo.
- Mucho más que ruido.
Un documentario que amosa que é posíbel crear un medio de comunicación, que nace dun sono case utópico en base ao intercambio coas organizacións sociais, para construir unha experiencia única no país...  
Martes 24 de marzo.
- Lavorare con lentezza
Radio Alice, Bolonia, 1976. Nas aforas das cidade, dous amigos soñan cunha saída as súas grises e opresivas vidas...
Martes 31 de marzo.
- Radioactividad.
Unha curta documental sobre as radios libres que emiten dende Madrid.
- Las radios comunitarias.
Un pequeno documentario en clave de humor sobre a razón de ser das radios comuntarias no Estado español, dirixido por Alba Lucio (Radio Ritmo).
- Érase una vez una radio libre. Radio Pica.
A historia da mítica e vangardista radio libre de Barcelona contada polas persoas que lle dan vida.

25 março, 2015

Morre um trabalhador nos asteleiros de Navantia

A vítima, de 58 anos de idade, trabalhava na empresa auxiliar ÍRIS, falecia na noite de 24 de Março, esmagado por uma grande peça para uma plataforma da naviera Fernández Tapias.
O ano passado foram registrados um total de 23.214 acidentes de trabalho em jornada laboral na Galiza, um incremento de 3,79 % a respeito do 2013, según dados da Xunta de Galicia através do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. 
A incidencia da siniestralidad laboral medida em proporção ao número de trabalhadores e trabalhadoras, também aumentou em 3,58 % em comparação ao 2013.
Em 2014, na Galiza, rexistraronse oficialmente 59 mortes por acidente laboral, e nas províncias de Lugo e A Corunha aumentou consideravelmente a siniestralidade.
Em Ferrol, no que levamos de ano, este é o segundo acidente laboral com resultado de morte de um total de 153.
A cifra de acidentes mortais na Galiza leva aumentando desde o começo da crise, em 2012 foram 42 mortos, em 2013, 47 e em 2014, 59, e isso que o número de trabalhadores e trabalhadoras desceu consideravelmente ano após ano.
As organizações sindicais consideram que é devido a um recorte em segurança e a um aumento da precaridade e más condições no trabalho.
Informou Cholo para os Informativos Locais de Rádio FilispiM

19 março, 2015

A Igrexa e a policía española seguen a ocultar información sobre Marzo do 72

Tempo de información local na Rádio FilispiM.
A Igrexa e a policía seguen a ocultar información sobre Marzo do 72.
Testemuño 1

Testemuño 2

Testemuño 3


Este mes de marzo de 2015 cumpríronse 43 anos dos terríbeis sucesos de marzo do 72 na comarca de Ferrol.

Coincidindo con esta data, apresentouse no Ateneo Ferrolán o volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972” (publicado por Liber Factory) , escrito pola profesora da Universidade Complutenese de Madrid, Rosa Cal, quen ofereceu novos datos sobre aquel marzo do 72 en Ferrol, que rematou co asasinato, por parte da policía, dos traballadores dos astelerios, Amador e Daniel, cuxas figuran ficaron inmortalizadas na escultura ao carón do IES Ferrolterra, a altura das Pías.

Según a autora do novo estudio, Rosa Cal, os feitos seguen tendo dúas visións ben diferentes: a dos que están a favor e en contra dos obreiros. No segundo caso estaría a policía, e no primeiro, todos os demais. No caso da Policía Armada o informe da época é unha vergoña: non fala nin dos obreiros mortos nin dos feridos. Tristemente, 43 anos despois os documentos, que consta existen nos arquivos da Policia, seguén a estar vetados aos investigadores... 43 anos despois dos sucesos.

Asi, Rosa Cal, na súa investigación para a redacción deste novo volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972”, afirma que no arquivo do Reino de Galicia da Coruña, ou o do Arquivo Militar do Noroeste en Ferrol, tiveron unha excelente disposición a hora de facilitarlle acceso a documentación da época; mais, canto aos arquivos policiais, aseguraronlle á autora que “non tiñan nada”, polo que non puido acceder as dúas caixas que si consta existen nos arquivos policiais sobre os sucesos.

Canto ao arquivos da Igrexa, ao non ter arquivo histórico, a historiadora acudiu a conferencia epicopal dos Obispos. Unha vez alí, aseguráronlle que “algo sabían”, mais que non podian facilitar documento algún até transcorridos 80 anos...

A policia e a Igrexa seguen a ocutar información sobre marzo do 72; 43 anos despois dos sucesos que acabaron coa vida dos traballadores dos asteleiros ferroláns Amador e Daniel a disparos da policia, e con centros de feridos e represaliados pola autoridade fascista do momento, sendo ademáis o inicio dunha espiral de represión, e dun punto de inflexión na luita obreira a nível de todo estado, que tería como cenario Ferrol e coma protagonistas a sua clase obreira.

No programa de Rádio FilispiM, "Escarnio" adicaron un tempo a estes sucesos, recollendo algunhas das voces dos testemuños vivos daqueles dias... escoitámolos:

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.
Fonte documental: Diario de Ferrol,, libro de Rosa Cal "Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972.

16 março, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra estarán en Madrid o sábado 21 de marzo baixo o lema "A pan traballo e teito, o pobo ten dereito."


Tempo de información local na Rádio FilispiM.

As Marchas da Dignidade volven o  sábado 21 de marzo a MADRID e reclaman unha FOLGA XERAL, baixo o lema “A pan traballo e teito o pobo ten dereito!”

Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabanse en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berrarán “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 3 da tarde até Colón (uns 6 km) onde rematará a marcha con un gran acto final.

Para todas aquelas persoas interesadas en acudir o sábado 21 de marzo a Madrid dende Ferrol, e participar nesta nova Marcha da Dignidade, este son os datos:

  • Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 €. |
  • Saída: o sábado 21 de marzo ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, desde a Praza 10 de Marzo (a altura do IES Ferrolterra). O bus pasará por Caranza, Fene e Cabanas. Xa en Madrid, a volta a Ferrol será entre as 11 e 12 da noite.
  • Prazas: hai límite e o prazo para anotarse a viaxe remata o xoves 19 de marzo. Para anotarse a viaxe e + información: 603.21.38.63
Cando a totalidade das columnas galegas cheguen a Madrid concentrarase, na estación de Chamartín dende onde partirán camiñando até Colón, uns 6 Km, onde se finalizará a marcha xunto ao resto das colunmnas do Estado.

As Marchas da Dignidade en Ferrolterra volven o  21 de marzo a MADRID co lema “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. Algún programa de Rádio FilispiM fará unha cobertura especial horas antes da partida das columnas ferrolás, na programación da serán do vernres. Para incorporarse a viaxe a Madrid, contactade co teléfono: 603.21.38.63

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitária de Ferrol.
Fondo sonoro: http://galizacontrainfo.org/

21 fevereiro, 2015

O "taxazo"; fraude e tomadura de pelo a cidadanía de Ferrol.

Tempo de información local na libre e comunitaria que emite dende Ferrol, Rádio FilispiM.

Os colectivos e organizacións que forman a Plataforma contra do cobro da taxa de saneamento, que pretende imputar a cidadanía o Alcalde de Ferrol e o seu grupo de goberno, compareceron este sábado 21 de febreiro en rolda de prensa, co obxecto de fazer balanzo da mobilización do pasado xoves, falar de posíbeis novas mobilizacións e fundamentar xurídicamente a presentación dun Recurso masivo por parte das persoas afectadas polo "taxazo": toda a cidadanía de Ferrol.
No audio que segue, oivimos un extracto da rolda de prensa deste sábado 21 de febreiro de 2015, Alexandre Carrodeguas e a Cesar Manso, dous dos portavoces da Plataforma.

Informou Fer Ocampo e o Pequeno Monstro, para os informativos local da FilispiM.

18 fevereiro, 2015

O Acordo Transaltlántico de libre comercio (TTIP) á descoberta...



O pasado 10 de outubro de 2014, organizada pola Marchas de Dignidade de Ferrolterra,  tivo lugar no Ateneo Ferrolán unha palestra sobre a negociación do Acordo Transatlántico de libre comercio, máis coñecido coma TTIP, que están a negociar en secreto EEUU, Canadá e a UE.

Un Tratado que de asinarse por parte do Estado Español, seguindo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a negociación, suporía unha catástrofe no noso país en materias fundamentais coma a saúde, a alimentación, o mediambiente e a economía, cuxos beneficios serían para as multinacionais ao criar o maior área libre de aranceis do mundo, a volta de torca definitiva do sistema neoliberal ao estado social a soberanía dos estados en materia de seguridade no traballo, cambios na lexislación laboral, ou mesmo a posibilidade de que as multinacionais podan demandar aos estados asinantes con cifras millonarias. O que fai temer o peor, é o acceso limitado á documentación das negociacións de dito tratado, que moitas forzas políticas e organización sociais definen coma “escuro”, “clandestino”, “beneficioso” para as multinacionaise prexudicial para a soberanía dos estados da UE.

No transcurso da charla-debate interviron a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalva, e o médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín. Escoitamos un estracto daquela charla que pronto poderemos ouvir íntegra no tempo de programas especiais da Rádio FilispiM.
Informou o Pequeno Monstro para  a libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

16 fevereiro, 2015

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 1º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de o Pequeno Monstro e Cholo, integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, que falaron dos alicerces e do porqué da iniciativa colectiva, sendo entrevistados por Ana Lucecú e Xurxo Gago, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM. Ademáis, escoitaremos a opinión de Pedro Ferrández, ex integrante do Colectivo. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 2º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Paula e Cris Meizoso (integrantes do Ateneo Ferrolán e do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM)que foron entrevistadas por Ana Lucecú e Xurxo Gago, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no descorrer do programa especial. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilsipiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 3º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Xabi Porto e Iván (ex integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM) que foron entrevistados por Antía Cortíças e Miguel Reimundez, do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no transcorrer do programa especial. Elena, ouvinte da emisora, tamén dá a súa opinión. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

Rádio FilispiM anda a cumprir 10 anos (experiencias, 4º parte)



O pasado sábado 7 de febreiro de 2015, celebrouse unha nova edición do ciclo "FilispiM vai...". Nesta ocasión, co gallo do décimo aniversario do inicio das emisións de Rádio FilispiM, volveuse ao Ateneo Ferrolan, a nosa sede fundacional, e titulouse estoutra edición coma "FilispiM vai... cumprir 10 anos". No transcorrer do programa contouse coas actuacións musicais de Weather Underground (Oscar Quant e Oscar Kay) e Indio & Lidia e ouvironse a voces que fomaron parte dos alicerces, do presente e, incluso, do futuro filispiniano...

Ao longo deste ano, 2015, Rádio Filispim Colectivo Opaii!, continuará co seu programa de actos do 10 aniversario. Unha nova edición do festival "Conspirando por unha Radio Libre", un ciclo de cinema, unhas xornadas de medios libre e comunitarios, unha exposición sobre os 10 anos da radio ou, mesmo, un pequeno documentario sobre a nosa historia nos agardan.

No tempo de Informativos Locais da FilisipM, oferecemos un extracto das intervencións de Miguel Castro e Fer Ocampo que foron entrevistados por Antía Cortíças e Miguel Reimundez, tod@s el@s integrantes do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, no transcorrer do programa especial. As intervencións completas poden atoparse no podcast do programa especial ou mesmo ouvirse en diferido os sábados entre as 7 e 9 da noite, no 93.9 da FM.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.

08 fevereiro, 2015

Este sábado 7 de febreiro ás 7 do serán, "FilispiM vai cumprir 10 anos".


Este sábado 7 de febreiro de 2015 a partir das 7 do serán, o Colectivo Opaii! volve ao Ateneo Ferrolán, cunha nova edición do ciclo "FilispiM vai ...", nesta ocasión adicada ao aniversario da principal actividade do Colectivo Opaii!, a Rádio FilispiM.

"FilispiM vai... cumprir 10 anos".
Durante a gravación do programa de radio lembraranse os alicerces do proxecto, falarase do presente e do futuro. Ademaís, haberá música ao vivo da man da banda ferrolá Weather Underground (pop/rock) e o dúo Indio & Lidia Pinheiro (sons brasileiros).
No transcorrer da festa de aniversario, apresentaranse as novas camisolas e chapas, conmemorativas do 10 aniversario, realizadas para a ocasión en unidades limitadas. A entrada é de balde.

Programa de actos conmemorativo do 10º aniversario das emisión da Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Durante este 2015, levaranse a cabo outros actos conmemorativos, coma un Ciclo de Cinema adicado as radios libres e comunitarias; retomarase o festival Conspirando por Unha Radio Libre (en xoves "santo"), unha Exposición dos 10 anos da FilispiM  e, mesmo, unhas Xornadas de Medios Libres. A práctica totalidade deste actos celebraranse no Ateneo Ferrolán, pola súa complicidade e vinculación fundacional co proxecto da activación da primeira radio libre e comunitaria (terceiro sector) da Terra de Trasancos.
Seguiremos informando... Ficades tod@s convidad@s.

Cunha promo:

28 janeiro, 2015

Queremos Galego, convoca a cidadanía a defender a lingua galega o 8 de febreiro en Compostela.



"Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego!", este é o lema da manifestación en defensa da Lingua Galega, que a plataforma "Queremos Galego", integrada por máis de 700 entidades, convocada para o domingo 8 de febreiro de 2015 en  Compostela.
"Os datos da última enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre a situación do galego non nos sorprenden. Reflicten a realidade. A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego con normalidade." Así comeza o comunicado de "Queremos Galego", cuxo texto completo podes atopar aquí.

No tempo de Informativos Locais da Rádio FilispiM, rescatamos parte da intervención de Carlos Outeiro, coordinador de "Queremos Galego" en Ferrolterra, a semana pasada no transcurso do programa Divertimento para pequenos monstros. A plataforma "Queremos Galego", oferece, a quen desexe acudir a Compostela dende Ferrolterra, o domingo 8 de febreiro, billetes de autobús a un prezo de tan só 3€, ida e volta (máis detalles no audio).

Informou o Pequeno Monstro para Rádio FilispiM.
Related Posts with Thumbnails