Tempo de información local na Rádio FilispiM.
Hai un ano, o 22 de marzo do 2014, un millón de persoas manifestabanse en Madrid convocadas por centos de organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega das Marchas da Dignidade apoiando a necesidade de combater tanta agresión. Agora, de novo, miles de persoas dos diferentes territorios e nacións do estado, e centos de loitas e causas xustas berrarán “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. En Madrid a Columna Galega partirá andando da estación de tren de Chamartín ás 3 da tarde até Colón (uns 6 km) onde rematará a marcha con un gran acto final.
Para todas aquelas persoas interesadas en acudir o sábado 21 de marzo a Madrid dende Ferrol, e participar nesta nova Marcha da Dignidade, este son os datos:
- Prezo do AUTOBÚS A MADRID (Ida/Volta): 28 €. |
- Saída: o sábado 21 de marzo ás 6 da mañá do sábado 21 de marzo, desde a Praza 10 de Marzo (a altura do IES Ferrolterra). O bus pasará por Caranza, Fene e Cabanas. Xa en Madrid, a volta a Ferrol será entre as 11 e 12 da noite.
- Prazas: hai límite e o prazo para anotarse a viaxe remata o xoves 19 de marzo. Para anotarse a viaxe e + información: 603.21.38.63
As Marchas da Dignidade en Ferrolterra volven o 21 de marzo a MADRID co lema “a pan traballo e teito o pobo ten dereito!”. Algún programa de Rádio FilispiM fará unha cobertura especial horas antes da partida das columnas ferrolás, na programación da serán do vernres. Para incorporarse a viaxe a Madrid, contactade co teléfono: 603.21.38.63
Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitária de Ferrol.
Fondo sonoro: http://galizacontrainfo.org/
Nenhum comentário:
Postar um comentário