Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Informativos Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Informativos Rádio FilispiM. Mostrar todas as postagens

03 novembro, 2014

O sindicato COG (Central Obreira Galega) acada un excelente resultado en Mercadona


Pese as presións da empresa e dos sindicatos maioritarios a sección sindical da COG en Mercadona, (Central Obreira Galega), vén de acadar un estupendo apoio entre o cadro de persoal,  nas eleccións a representantes sindicais no potente e influinte grupo empresarial Mercadona na provincia de A Coruña. Na última edición do programa Escarnio, conversaron con André, un dos novos delegados da COG, quen avaliou este resultado e puxo de manifesto os compadreos entre as "forzas sindicais clásicas" coa empresa, explicando como acabou marchando das CC.OO. para integrarse na COG co obxecto de poder asumir unha delegación sindical coherente coa defensa dos traballadores. Escoitamos un extracto dese audio...



Redacción Informativos Rádio FilispiM.

15 anos da Fundaçom Artábria, documentário (cortes 4, 5 e 6)


Continúan os ecos da apresentación, o pasado 24 de outubro de 2014, do documentario "15 anos da Fundaçom Artábria". Neste boletín informativo da FilispiM oferecémosmos tres novos cortes de audios gravados durante o acto da apresentación nos cinemas Dúples de Esteiro-Ferrol.

Aproveitamos para confirmar a celebración do vindeiro programa especial "FilispiM vai..." no local da Fundaçom Artábria, o venres 21 de novembro de 2014, entre as 20:00 e 22:00 h. A gravación do programa será pública e a entrada de balde. Ampliaremos info neste mesmo blog, en breve.







Redacción Informativos da Rádio FilispiM.

26 outubro, 2014

Apressentouse o documentário "15 anos da Fundaçom Artábria".

Dentro das atividades do seu XVI aniversário a passada sexta-feira, 24 de outubro, às 20.00hs, os cinemas Duplex de Ferrol acolherom a estreia do documentário "15 anos da Fundaçom Artábria". A entrada foi livre até que se completou o aforo.
Este projeto audiovisual estivo financiado popularmente através de umha campanha de crowfunding, que permitiu recolher os fundos necessários para levar adiante este trabalho.
No documentário participam ativistas que realizarom trabalho na Fundaçom Artábria desde a decáda de 90 até o dia hoje, dando umha visom histórica dos 15 anos, que já som 16, da entidade. A obra que se apressentou vai ser editada em formato DVD com umha versom extendida que contará com subtítulos em diferentes línguas entre elas catalám, inglês ou castelám.
O documentário foi realizado por Xosé Antom Moure, ganhador do Mestre Mateu 2008, ao melhor programa de televisom galego.

Boa parte do tecido cultural e social da cidade acudiu à estreia. Foi o caso da AC Fuco Buxán, o Ateneu Ferrolano, Medúlio, Rádio Filispim, CNT, Associaçom de Vizinhança de Esteiro, Esquerda Unida, NÓS-Unidade Popular, AGAL ou BRIGA.
Nos informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol, oferecémosvos umha serie de mini reportagems coas vozes que protagonizan o documentário, gravadas a passada sexta feira no descorrer da súa apressentaçom nos cinemas Duplex de Esteiro-Ferrol... 



Informou o Pequeno Monstro,
Informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol.

24 outubro, 2014

Xaquín García Sinde, vetado polo CNI en Navantia.

Extracto da entrevista realizada a Xaquín García Sinde, enxeñeiro técnico e integrante de CC.OO. (sector crítico) quen foi vetado polo CNI (Centro Nacional de Inteligencia español) na libre circulación polas instalacións de Navantia, ao serlle denegada a "Habilitación de Personal de Seguridad" (HPS) que tiña solicitada. García Sinde traballa nos asteleiros de Navantia-Ferrol dende hai 34 anos, e nunca foi amonestado nin expedientado, non ten antecedentes penais e nen sequer foi detido. Según a normativa vixente, a acreditación HPS pódese denegar a quen "demostrou, de obra ou palabra, falta de honradez, deslealdade, falta de fiabilidade, non ser de confianza ou indiscreción".


Fonte do audio: programa O Recuncho (mércores, 22/10/2014).

Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

O doutor Antonio García Jimenez fala da Sanidade Pública e do évola.

Extracto da entrevista realizada ao Doutor Antonio García Jiménez, ao respeito da Sanidade Pública, universal e gratuita, así como das infeccións polo virus évola. Audio tirado do programa O Recuncho do mércores 15 de outono de 2014.



Redacción informativos locais de Rádio FilispiM.

22 outubro, 2014

Boletín Informativo do programa Escarnio (16/10/2014).


Oferecémosvos o boletín informativo ("Parte de Guerra") do programa Escarnio, emitido na Rádio Filispim o pasado xoves 16 de outono de 2014, que a partires de hoxe incorpórase aos contidos dos Informativos da radio libre e comunitaria de Ferrol.



Redacción Informativos locais, RFM.

13 outubro, 2014

Mohamed Safa ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos.


O pasado 21 de setembro as 20.00 h, Mohamed Safa, ex delegado da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título “Palestina, despois da ocupación". Este é un extracto da palestra...

Toma de son: Rádio FilispiM.
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

A xestión pública do auga en Ferrol.


O pasado mércores, 8 de outubro de 2014, tivo lugar unha nova edición de O Recuncho, o programa da A.C. Fuco Buxán, ao través de 93.9 FM Ràdio FilispiM. Coma convidados estiveron  Alexandre Carrodeguas (Verdegaia) e Ernesto Lópes “Nes” (ADEGA), integrantes da Plataforma para Xestión Pública da Auga e Saneamento da Ría de Ferrol. Nos informativos de Rádio Filispim, rescatamos parte das súas intervencións...

Redacción Informativos Rádio FilispiM.

20 setembro, 2014

Concentración en Apoio ao Ateneo Ferrolán, 16/09/2014. Recortes sonoros.


O pasado martes 16 de setembro de 2014, máis de 500 persoas achegáronse a Praza do Concello de Ferrol para APOIAR ao Ateneo Ferrolán, fronte ao acoso do actual goberno do PP en Ferrol, co seu Alcalde, José Manuel Rey Varela como máximo responsábel. O acto serviu para constatar a concienciación da cidadanía, ante a desfeita e mala fé co tecido cultural, por parte de Manuel Reyes-Hurtado, Concelleiro de Cultura. Un auténtico despropósito sen precendentes, canto a xestión cultural e relación coas Asociacións e Colectivos, que pasará a historia por "inesquecíbel", unha auténtica filigrana do enredo.

A presente reportaxe sonora, rexistrada pola equipa de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria,  recolle as opinións de cidadáns e cidadás, comunicados dalgúns dos colectivos e asociacións que participaron no acto, da representante da sección sindical da CNT, do presidente do Ateneo, así coma o Manifesto da asinado polo Ateneo e refrendado por numerosos colectivos.

Recortes sonoros (1). 
- Guillermo, un cidadá. 
- Ismael e Mónica, cidadás.
- Fer, integrante de Fuco Buxán, Colectivo Opai!!-Rádio FilispiM e Ateneo Ferrolán. 


Recortes sonoros (2). 
- Comunicado integrante da Asociación Memoria Histórica Democrática (extracto).
- Comunicado Sección Sindical CNT no Ateneo.
- Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán. 


Recortes sonoros (3). 
- Manifesto do Ateneo Ferrolán, lido pola integrante da Asociación, Ángeles Seoane.
- Helga, actriz e integrante do Ateneo. Canto de Amor e Liberdade (letra de Nina Simone).

- Voces das persoas asistentes: "Non ao roubo do Ateneo!!!!!".
Recortes sonoros (4). 
- Karloti, Guillermo, José Luis e Manolo, cidadáns. 
- Aina e Gabi, meniñ@s (5 e 6 anos respeitivamente). 
- Gloria e Manola, cidadás maiores. 
- Carmen, cidadá. 


+ info: campaña http://salvemosoateneo.blogspot.com

Redacción informativos Rádio FilispiM.

17 setembro, 2014

Rádio FilispiM inicia nova grella radiofónica, a décima.

Rádio FilispiM cumprirá este curso radiofónico que comeza, 2014/2015, 10 anos facendo rádio libre e comunitaria na comarca.

Rádio FilispiM é a principal actividade do Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación da Información Independente). Unha radio sen ánimo de lucro, autoxestionada, sen patrocinadores, que non emite publicidade, enmarcada no terceiro sector da comunicación, integrada na ReGARLIC [Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias] e na ReMC [Rede Estatal de Medios Comunitarios].
Rádio FilispiM, cumprirá 10 anos de emisións ininterrompidas en agosto de 2015, sen que os fundamentos da súa activación teñan mudado; 10 anos nos que foron amplificadas as voces de centos de persoas, colectivos e asociacións da nosa comarca.
Aberto o prazo para presentación de novas propostas.

Rádio FilispiM aproveita esta nova grella para visualizar a súa actividade e convidar a todas as persoas a interesarse e participar no proxecto. As persoas, Colectivos ou Asociacións interesadas deberán enviar comunicación ao correo electrónico: filispina@gmail.com. No apartado “Quen Somos?” do noso blog [http://opaii.blogspot.com], atópase o ideario fundacional do Colectivo Opaíí!.

Áulas de técnicas de radiodifusión básicas e Actos do 10 aniversario.

Durante os vindeiros días Rádio FilispiM levará a cabo áulas de formación básica co obxecto de ensinar técnicas de radiodifusión básicas aos futuros responsábeis dos programas. Ademaís, a  Asemblea do Colectivo Opaíí!, comezará a perfilar os Actos para a celebración do 10 aniversario das emisións ininterrompidas da primeira radio libre e comunitaria da nosa comarca, Rádio FilispiM, 93.9 FM.


Ferrol, 9 de setembro de 2014
Colectivo Opaíí! – Rádio FilispiM, 93.9 FM


Informativos de Rádio FilispiM

16 setembro, 2014

Urxente. Campaña de apoio ao Ateneo Ferrolán.


"O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural aberta e plural fundada en Ferrol no ano 1879 que forma parte xa da historia da nosa cidade e do patrimonio cultural galego.

Nesta longa andaina, xa son 135 anos, permaneceu sempre activo traballando a prol da difusión da cultura, da arte e do pensamento na nosa comarca. Únicamente paralizou a súa laboura nos tempos nos que as dictaduras impedíron o seu traballo.


Na actualidade, quen o diría, estamos a atravesar outro momento de dificultade para realizar as nosas actividades. Como nos vellos tempos a algúns parece molestarlles o que facemos e adícanse a poñer atrancos para afundirnos e facernos desaparecer. Para calar a nosa voz. 
Non podemos permitiloPero precisamos do teu apoio..."

+ info en: http://salvemosoateneo.blogspot.com


Cunha de apoio ao Ateneo, elaborada nas Áulas de formación básica da FilispiM:


Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

31 março, 2014

Manifestación en apoio ao Naval en Ferrol, 30/03/2014.


Milleiros de persoas da comarca déronse cita o domingo 30 de marzo de 2014 en Ferrol, nunha nova manifestación para reclamar carga de traballo para os Asteleiros de Navantia e dicir non ao veto que a Unión Europeia mantén canto a construzón naval civil.  O pasotismo da clase política que actualmente ten as fórmulas para mudar esta situación é abafante (o PP goberna no Concello, na Comunidade Autónoma e en Madrid).

Numerosas organizacións, políticas da esquerda, socialdemócratas, ademais de sindicatos e colectivos (coma o bloco das Marchas da Dignidade na comarca) uniron a súa voz para reclamar, unha vez máis, carga de traballo para os Asteleiros da nosa Comarca.

Ouvimos parte do comunicado final...


Redacción Informativos Locais de Rádio FilispiM

23 março, 2014

Especial Informativos Locais. Marchas da Dignidade, 22M. As voces das Columnas de Ferrolterra.

Madrid, 22 de Marzo de 2014, Marchas da Dignidade.

Especial Informativos Locais, Marchas da Dignidade, 22M 

Mentres os mass-media do Estado español silenciaban, unha vez máis, o que ía acontecer na xornada do 22 de Marzo de 2014, os medios libres e comunitarios organizaban a contra-información. 

A "Red Más Voces" e "Ágora Sol Radio" amplificaron, cos seus respeitivos especias, o que aconteceu ao redor do 22M. Pola súa banda, Rádio FilispiM, a radio libre e comunitária de Ferrolterra, tomou contacto coas persoas da nosa comarca que ían camiño de Madrid, para sumar dignidade e completar co local a información que nos chegaba dende as radios libres de Madrid.

Emitido en directo o sábado 22 de Marzo de 2014 entre as 12:30 e 14:00 h, dende o estudo de Caranza-Ferrol, o especial Informativo de Rádio FilispiM, 22M, tomou contacto cos veciños e veciñas de Ferrolterra que daquela viaxaban en trens, autocarros e autos particulares cara Madrid...

Redacción Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol / GZ). 


As rádios libres teñen principios e dignidade. Programación Especial 22M en Rádio FilispiM, 93.9 FM

En Rádio FilispiM, 93.9 FM, o antes, durante e o despois das MARCHAS DA DIGNIDADE en Madrid. Programación especial.


Venres 21M 

Entre as 22:30 até as 24:30 h: programación especial da Red Más Voces.
As horas previas ao 22-M contadas en "La Noche de La Dignidad".


Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

Sábado 22M

Entre as 12:30 e até as 14:00 h: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
Dende o estudio, en Caranza-Ferrol, conexións coas columnas de Ferrolterra que participan en Madrid nas Marchas da Dignidade. O que acontece en Madrid contado polas voces de Ferrolterra.

Entre as 15:00 até as 23:00 h: especial de Ágora Sol Radio. 
A radio guerrilla dende as rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).
http://archive.org/download/agorasolradio.m3u/agorasolradio.m3u

As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.
+ info en: 
http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
http://agorasolradio.blogspot.com.es/

09 março, 2014

II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).


II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol). 11, 13, 14 e 15 de Março, 2014.

10 de Marzo de 1972, unha data clave para para a historia obreira galega. 

Dentro e fóra da factoría loitábase por una mellora salarial e das condicións laborais, que naquel momento consistian en longas xornadas de doce horas que se cobraban como se foran de oito. Aquelas mobilizacións comarcais tiveron como ponto de inflexión o asasinato o 10 de Marzo do 72, por parte da policía franquista, de Amador e Daniel e de centos de traballadores feridos nas rúas de Ferrol. Istes acontecementos trascenderon na historia sendo a data do 10 de Marzo do 72, lembrada para sempre, na luita obreira da cidade e mesmo de todo Estado español. É de remarcar o nível de solidariedade e unidade acadado por todos os traballadores da factoría e de de fóra dela, cando milleiros de asalariados da comarca camiñaban xuntos nunha mesma dirección, en prol do progreso persoal e colectivo.

A propósito desta data, en conmemoración dela, o Colectivo Chimarrao (Bertón-Ferrol) vén de organizar unhas II Xornadas, baixo o título: "1972-2014. Reencaminhando as luitas obreiras". Sobre destas Xornadas, como xurden e como se plantexan, falánnos Paki e máis Fran, dous dos integrantes do Colectivo Chimarrao. O audio está tirado do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros. (escoita neste enlace a entrevista completa).

Redacción Informativos Rádio Filispim 


Cunha radio:

06 março, 2014

II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).




II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras

Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.

Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.

Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.

Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.

Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Evento no facebook:
coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.

Nova completa:

Cunha radio:

04 março, 2014

Manifestación e Asembleas em Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade


O mércores 26 de febreiro celebrouse a manifestación em apoio às Marchas da Dignidade em ferrolterra, umha manifestación simultánea nas sete cidades principais de Galiza. Ao remate da mesma, fíxose un chamamento a participar na mobilización convocada, para ao día seguinte, pola Alianza Social Galega. Também se convocou para o luns 3 de Marzo às 18:00 h. no Centro cívico de Caranza a unha Asemblea aberta das Marchas en Ferrolterra para continuar coa organización da participación de Ferrolterra nas Marchas da Dignidade o vindeiro 22 de Marzo en Madrid.

De seguido, ouvimos o manifesto lido o pasado 26 de febreiro de 2014 ao finalizar a manifestación de Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade.

26 fevereiro, 2014

Ferrol mobilízase de cara as Marchas da Dignidade do 22 de Marzo en Madrid.


O 22 de Marzo van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalista e dos movimentos sociais.

En Caranza, coma noutros bairros de Ferrol, Galiza ou o Estado, vén de constituirse unha Columna que está a fomentar a participación nas Marchas da Dignidade que confluirán o 22 de Marzo de 2014 en Madrid. Estes días no estudio de Rádio FilispiM, dentro do espazo Divertimento para pequenos monstros, estiveron André e Daniel que explicaron
 o porqué desta columna "caranzeira".

Informou o Pequeno Monstro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos de Rádio FilispiM)



+ info:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
http://marchasdeladignidad.org/

facebook: https://www.facebook.com/groups/265451853621237/?fref=ts

24 fevereiro, 2014

Júlio Saians, parabéns!!!


A la Audiencia Nacional arquiva ano e medio Línea Despois una CAUSA ABERTA contraindicaciones Júlio Saians.

Cando Todos lembramos hai ano e Medio dous vecinos da Comarca de Trasancos, Julio Saians ea Súa moza Silvia Casal foron detidos porción presunta Vinculación co Que o Tribunal de Excepción español, Audiencia Nacional, chama "Resistencia Galega".

Daquela, os seus Vecinos e Familiares ficaban alarmados ante o Impresionante Operativo policial, onde sí Detia un estes mozos e se lles aplicaba unha Lei de Excepción de coma é un antiterrorista, someténdoos un unha tumba Violación dos seus Dereitos Máis fundamentais.

Sen Protección legal xurídica Asistencia nen horas de Durante estiveron, de acordo una isa Lei de Excepción Que lles aplicaron. O mesmo Día da figura de la detención, Silvia Casal, coñecida pola Súa Vinculación co tecido-Artístico culturales da comarca nosa, foi posta en liberdade sen Nessun carga e sen Que houber Nessun pisos de indicio de delito dela contra. Sí Iso, logotipo de servicio Separada hacer seu pequeno Fillo lactante Durante Moitas horas. Só sabe ela da Dureza e inxustiza daqueles Momentos Vividos Que Nunca xamais esquecerá, Privada dos seus Dereitos Máis fundamentais, Separada do seu pequeno.

Pois ben, logo de Todo ise trance de Excepción, logotipo de ano e Medio, una Audiencia Nacional Vén ágora de arquivar una causa aberta contraindicado hacer seu Compañeiro Júlio Saians una quen o Ministerio no Interiores das responsabilizaba Finanzas hacen Que eles chaman "Resistencia Galega" . Preguntámonos, quen vai remedar ágora o dano causado un Inmenso this Xoven parella da nosa comarca?. 

Dende os Informativos de Radio FilispiM, aproveitamos párr saúdar e enviar os nosos parabéns e animos un Júlio ea Silvia e, Como no, ao seu pequeno, Vecinas e Vecinos ben Queridos na comarca nosa.

Redacción de Informativos de Radio FilispiM.

12 fevereiro, 2014

Reganosa, os gaseiros, a Ría, os temporais e a vida.


O sabado día 8 de febreiro de 2014, coa pleamar de pola mañá, estaba prevista a entrada na Ría do gaseiro de bandeira de comenencia "LNG Bonny" para descargar GNL (gas natural licuado) na planta de Reganosa. As condicións metereolóxicas e a singularidade da canle de acceso á Ría imposibilitaron a entrada. 

Unha vez máis, amósase que a relocalización da planta de gas no interior da Ría non obedeceu a razóns técnicas, senón que a verdadeira razón de fondo foi a operación especulativa da parcela onde se levantan os tanques, que lle reportou ao grupo empresarial Tojeiro 30 millóns de euros.

Esta Planta de Gas constitue un caso paradoxal de corrupción, no que os grupos maioritarios poñen as administracións públicas ao servizo dos intereses de Reganosa, como se pudo comprobar recentemente no informe da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A planta de Reganosa non só é unha instalación ilegal, perigosa e nociva para o ecosistema da nosa Ría, senon que forma parte do atraco o que nos vemos sometidos a cidadanía, a través das constantes subidas das tarifas da electricidade e gas que van a engrosar a conta de resultados das empresas enerxeticas.

Como en cada ocasión que se anuncia a entrada dun buque gaseiro na nosa Ría, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentrouse na Praza Amada García, demandando o peche da Planta, en defensa da Ría e da vida.

Dende Rádio FilispiM unímonos ao berro de PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!!


Informou Miguel Castro para os Informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos RFM).

+ info: http://cociudem.wordpress.com/




Related Posts with Thumbnails