"O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural aberta e plural fundada en Ferrol no ano 1879 que forma parte xa da historia da nosa cidade e do patrimonio cultural galego.
Nesta longa andaina, xa son 135 anos, permaneceu sempre activo traballando a prol da difusión da cultura, da arte e do pensamento na nosa comarca. Únicamente paralizou a súa laboura nos tempos nos que as dictaduras impedíron o seu traballo.
Na actualidade, quen o diría, estamos a atravesar outro momento de dificultade para realizar as nosas actividades. Como nos vellos tempos a algúns parece molestarlles o que facemos e adícanse a poñer atrancos para afundirnos e facernos desaparecer. Para calar a nosa voz. Non podemos permitilo. Pero precisamos do teu apoio..."
+ info en: http://salvemosoateneo.blogspot.com
Cunha de apoio ao Ateneo, elaborada nas Áulas de formación básica da FilispiM:
Redacción Informativos de Rádio FilispiM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário