Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Comunicados do Colectivo Opaii!. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Comunicados do Colectivo Opaii!. Mostrar todas as postagens

18 setembro, 2010

Rádio FilispiM reanuda as súas emisións no 93.9 FM, logo do cambio de ubicación do estudio por obras no Ateneo.

Como consecuencia das agardadas obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, véuse obrigado a abandonar o mítico estudio "metro cadrado"o pasado 29 de xuño de 2010 e a procurar un novo espazo. Como consecuencia desto,  tivemos un apagon de pouco máis de dous meses e medio nas nosas emisións, que no pasado mes de agosto de 2010 farían cinco anos.

Logo da complicada tarefa da procura dun novo local donde volver a instalar as súas equipas técnicas e antena, na tarde de ontes (sexta feira, 17 de setembro) conseguiron volver as ondas as emisións da radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que agora emite dende a traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).

As emisións polo de agora son en probas, mais agardamos recibir novas d@s ouvintes ao respeito de como se escoita a nosa sintonía (93.9 FM) nos diferentes bairros. Fazede chegar as vosas impresións coas vosas mensaxes a este blog e vía  e.mail a filispina@gmail.com

Ao pé desta entrada ofeceremos as imaxes da instalación das equipas no novo estudio do bairro de Caranza (a historia paso a paso). O audio estámolo a editar.

En breve daremos información sobre como participar na vindeira grella da Rádio FilispiM (2010/2011), que estreará a nova ubicación. Así que ide pensando nas vosas propostas radiofónicas!!!.

Finalizamos este comunicado agradecendo a solidaridade de todas aquelas persoas que amosaron a súa disposición a colaborar na procura dun novo espazo para a radio libre e comuntaria de Trasancos, durante estes dous meses e medio que durou esta nova batalla "filispiniana". Grazas sobre todo por colaborar con xeneroxidade e sen protagonismos, de acordo aos principios fundacionais do Colectivo Opaii! -Rádio FilispiM. Obrigad@s a tod@s!! Avante coa rádio libre e comuntária!!


Foto superior: re-instalación do dipolo [antena] de Rádio FilispiM en Caranza.
Carrusel de imaxes: instalación do novo estudo da FilispiM no local da traseira do Mercado de Caranza.

01 setembro, 2010

Que demos está a pasar en Rádio FilispiM? (suspensión das emisións por obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán)

Instante das "desmostaxe" do lexendario estudio "metro cadrado"
no Ateneo Ferrolán.
Son moitas xa as preguntas sen resposta, moitas xa as semanas "suspendidas no dial". Moit@s @s filispin@s vagando sen rumbo polos bairros do lugar, como zombies.
Todo aconteceu no mes de xunho do 2010, ou mellor sería dicir todo mudou...
Mais é hora xa de que o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM, vaia soltando prenda e nos dea pistas do que realmente está a acontecer, do porque deste parón nas súas emisións, logo de cinco anos de transmisións finispinislándicas ininterrompidas [agosto de 2005].
En breve teredes a solución a este sudoku do caralho, mais de momento a seguir especulando.
Polo de agora deixámovos con estas fotos tiradas no momento e lugar dos feitos [xunho de 2010, estudio de Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán].
Mais, ti que pensas de todo isto?. Están de conha en Rádio FilispiM?. Tentan despistarnos unha vez máis?. Éche un experimento máis con obscuras intencións?. Unha outra Conspiranción?. Porque andan a desmontar as equipas técnicas?. Levan alta tensión eses cables que coroan a testa d@lgúns d@s filispin@s?

Algunha imaxes do proceso de desmontaxe do mítico estudio "metro cadrado", da Rádio FilispiM, no Ateneo Ferrolán. Continuará...

03 julho, 2010

Suspensión temporal das emisións filispinas, por obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán.


Estimad@s filispin@s, tod@s:

O pasado 29 de xunho de 2010 ás 16:35 h, Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite dende Ferrol, deixou de emitir temporalmente. Neste lugar debería ir unha explicación máis ou menos lóxica e convincente para que todxs coñecésemos as razóns de tal “apagón”. logo de case que cinco anos de emisións ininterrompidas dende o xa famoso estudio "metro cadrado" do Ateneo Ferrolán [cinco anos de emisións que cumpriremos en agosto deste 2010].

En lugar de darvos esa razón “aplastante” que vos deixaría a todas e todos contentas [ou non?] oferecémosvos unha serie de razóns para que vos elixades [ao voso entender] a máis lóxica e convicente.

Este extrano procedimento ten que ver cun experimento que estamos a levar a cabo no departamento Filispiniano de Humanística, de cuxos resultados informaremos en futuras entradas neste mesmo blogue. Permanecede a espera.

Se o desexades podedes elixir e votar pola opción [ou opcións] que pensades son as que teñen motivado a SUSPENSIÓN das emisións de Rádio FilispiM. Para ilo habilitamos un panel de votacións que atoparás na marxe dereita deste blogue. Ademáis, nun derroche de espirito democrático sen igual, podededes deixar o voso comentario ao pé desta entrada.

Estas son as razóns polas que PODEDES VOTAR. Animádevos!!!:

OPCIÓN 1º. Non hai suspensión, de feito non houbo nen sequer emisións en todo este tempo. Éche todo unha trangallada do Colectivo Opaii!, unha farsa que durou case que cinco anos. Que todo o mundo se entere!.

OPCIÓN 2º. Trátase dunha suspensión das emisións para o mantemento dos equipos e do persoal. Aos equipos háilles que cambiar as lámpadas e ao persoal algún tornillo. En breves volverán ao ár, estou segura.

OPCIÓN 3º. Non apagaron os equipos de emisión, llos apagaron!!! Ou fou Fenosa, por impago, ou a Xunta, por alegais. Escoiteino ontes na pescadería!

OPCIÓN 4º. Foi un apagón de emisións temporal. Van cambiar de ubicación o estudio da radio. Onde estaban eles van montar unha perruquería, eles van para un lugar máis seguro [logo das últimas ameazas… da Policía].

OPCIÓN 5º. Realmente todo é un experimento sociolóxico para estudiar a reacción do pobo de
Ferrol e Trasancos tras a desaparación dunha droga á que foi enganchada previamente.

OPCIÓN 6º. La culpa de todo la tiene Zapatero. Sin más, lo dijeron en Intereconomia TV.

OPCIÓN 7º. A suspensión das emisión é tan só unha interrupción. Van cambiar os equipos á unha nova ubicación dentro do Ateneo Ferrolán. Rádio FilispiM pasa a ocupar todo o Ateneo e o Ateneo pasa a ocupar o metro cadrado que lle deron a Filispim hai cinco anos.

OPCIÓN 8º. Ganando como está “La Roja”, no sé a que vienen estos temas. Arriba España!!, coño!!

OPCIÓN 9º. Non deixaron de emitir, é unha emisión especial de Aquiloquevibra, están emitindo un maxi dun grupete destes raritos dos oitenta, música experimental, ruidista… Só tes que clicar no reprodutor de abaixo.

OPCIÓN 10º. Non. Trátase dunha suspensión de emisións, durante o tempo que dure a instalación da nova torreta: en Montefaro, con 18 dipolos apilados e o novo emisor de 5.000 w.

OPCIÓN 11º. Ten que ver coa comentada fusión de RADIO MARÍA con RADIO FILISPIM, nunha nova cadena que se chamará RADIO MARÍA A TODO FILISPIM STAR. Canto teñan postos os crucifixos, cadeiras eléctricas e demáis aparataxe preparao reanudarán as emisións.

Agora XA PODEDES VOTAR no panel que habilitamos na marxe superior dereita deste blogue.

En breves colgaremos, en exclusiva, unhas extranas e desasosegantes imaxes tiradas o día do apagón temporario filispiniano. Atentas, atentos. Seguiremos informando...

Escoita a Radio FilispiM suspendida no Dial

01 setembro, 2008

Aberto o prazo de presentación de propostas de programas, para a grella 2008/2009 de Rádio FilispiM, 93.9 FM

A radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos, que emite dende Ferrol, quenta xa os seus motores dende o 93.9 da FM.
Como medio comunitario que somos, poñemos ao voso dispor os espazos da grella de Rádio FilispiM, especialmente aos diversos colectivos e asociacións do noso ámbito.
Se cadra, a vosa voz, as vosas inquedanzas, xa foron amplificadas polas “ondas filispinas” en pasadas programacións, polo que xa nos coñecedes. Mais, queremos achegarnos a aqueles colectivos de veciñanza, culturais, sociais, da mocidade… que aínda non formar parte do Colectivo Opaíí! e a propia Rádio FilispiM. A que esperades?
Animávosvos a respostar a este convite para concretar como podería, a vosa voz, estar presente na nosa grella. Existen diversas fórmulas:
  • Realizando o programa dende os nosos estudios, en directo, con posibilidades de gravalo e redifundilo durante a semana.
  • Editando dende a vosa casa, ou local, audios con novas verbo das actividades e reivindicacións do voso colectivo ou asociación, achegándonos eses audios para nós incluilas nos programas e mesmo nos informativos da radio.
Sabemos, que a primeira barreira con que se atopan algunhas persoas interesadas en incorporarse a Rádio FilsipiM, é o medo a non saber utilizar os equipos técnicos. Animámosvos a superar eses atrancos realizando pequenas prácticas con nós, no propio estudio da Rádio FilispiM. O funcionamento dos nosos equipos (mesas misturas...) é moi intuitivo. Gañarás confianza con certas prácticas e a nosa axuda.
Outra das éivas, é pensar que non tedes nada que dicir, ou que no primeiro programa o teredes dito todo. Isto non é certo. Un programa de radio non é un discurso, nen un feixe concentrado de información. @s filispinas e filispinos, axudarémosvos a canalizar e racionalizar radiofónicamente todo ilo, que sabemos tedes que dicir, con pequenas guías e suxerencias.
Como sabedes, o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, teñen sé no Ateneo Ferrolán, R/ Magdalena, 202, Ferrol, quen nos acolle nas súas instalacións dende o noso berce como colectivo, no ano 2004.
A nosa radio está enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación: radios libres e comunitarias. Non emitimos ningún tipo de publicidade nen dependemos de ningún grupo de poder (económico ou político). As nosas actividades están, maiormente, financiadas por nós mesmos, ao través das pequenas cotas de soci@s. Podes saber máis de nós visitanto o apartado "Quen somos", que atoparás neste blog.
A nova programación de Rádio FilispiM, 93.9 FM, está a piques de comezar! Apóntate dende xa! O prazo para a recepción de solicitudes remata o 30 de setembro de 2008.
Escribídenos a: filispina@gmail.com, enviando a vosa proposta de programa radiofónico, ou solicitando máis info. Non deixesdes de ser curios@s, séde filispin@s!
Entrementres, moi boa onda!
Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, 93.9 FM. Asociación Cultural. A primeira voz comunitaria da Terra de Trasancos – Ferrol.

25 junho, 2008

Rádio FilispiM INFORMA!!!!

Paralizamos as emissons dos programas de producçom propria durante a tempada de veram.
A causa deste paro nom é outra que o feito de que estamos num local que nom é nosso. Como sabedes Rádio FilispiM emite desde o Ateneo Ferrolán, e este fecha durante o Veram, polo que nom iniciaremos as emissons ate o 30 de Setembro.

Intentaremos, actualiçar alguns programas de producçom alhea e os Informativos, polo demais podedes seguir escoitando a continuidade musical filispiniana e as horas musicais programadas.

Também aprobeitaremos estes dias para melhorar a organizaçom e a criaçom de conteudos da rádio.

30 março, 2008

Comunicado POST-CONSPIRATORIO


COMUNICADO POST-CONSPIRATORIO do COLECTIVO OPAII -
- Rádio FilispiM 93.9FM.

O Colectivo Opaii! - RFM, quere co presente comunicado agradecer a resposta á convocatoria da 5ª edición do Conspirando por unha radio libre, do pasado xoves 20 de marzo de 2008.


Agradecemos a participación dos colectivos de base da comarca na Feira de Colectivos: Marcha Mundial das Mulleres, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Cometa, Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como aos diversos artesáns que encheron coas súas diversas propostas a carpa instalada na pista polideportiva do Inferniño.

Agradecemos especialmente a colaboración, polo seu apoio totalmente desinteresado, do colectivo Fervesteiro e Asociacións Culturais, DZINE e Irmandiño de Moeche, que foron quen de aportarnos experiencia, apoio técnico e humán, para poder afrontar o noso primeiro (dos cinco) festivais ao ár libre.

-->Agradecemos a entrega dos grupos musicais locais: The Sweat e Ta´Crack, que tocaron e trunfaron na noite, de xeito totalmente desinteresado.

Agradecemos a asistencia dos centos de persoas que ao longo da tarde, noite e madrugada, pasaron pola nosa carpa, interesad@s nas propostas que amosaban os colectivos instalados na Feira de Colectivos, primeiro e, xa á noite, disfrutaron coa música dos grupos: Dakidarría, The Sweat e Ta´Crack. Unhas cincocentas persoas chegaron a concentrarse baixo a carpa instalada para a ocasión na praza do Inferniño, en Ferrol, mais, estimamos que perto dun milleiro puideron pasar durante toda a xornada do Conspirando. En todo caso, todo indica que, esta ten sido a edición que máis xente ten convocado.

Finalmente, nos congratulamos de ter sido partícipes activos desta quinta edición, que ten sido, tan especial pra tod@s nós.

Findamos este comunicado cunha petición e unha convocatoria.

A petición: de terdes tirado fotos ou gravados vídeos, achegádenolos, precisamos documentar o Conspirando, como FilispiM
-->manda. Podedes enviar todos eses documentos gráficos á filispina@gmail.com

A convocatoria: este domingo 30 de marzo a partir das 5 da tarde ao través de Rádio Filispi M, 93.9FM, lembraremos os mellores momentos do V Conspirando, coa re-difusión do programa especial, que realizamos o mesmo xoves 20 de marzo, dende o estudio de Rádio FilispiM, con múltiples conexións en directo dende a praza do Inferniño e a participación de muitos dos colectivos participantes no Feira de Colectivos.

Emplazámosvos a tod@s a achegarnos os comentarios e suxerencias que estimedes (abaixo, no sitio habilitado) pra poder mellorar a vindeira edición do Conspirando que, se ninguén nolo impide, volverá a ser no lugar que semella temos achado como máis axeitado as nosas propostas: o inferno.
--> Opaii!!!!

13 março, 2008

V CONSPIRANDO por unha radio libre. Ferrol (20/03/2008)


Xa está aquí a 5ª edición do CONSPIRANDO por unha radio libre!

Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre". Este ano cumprense cinco edicións. Todas as actividades incluidas no "V CONSPIRANDO", terán lugar baixo unha carpa instalada na pista polideportiva da PRAZA do INFERNIÑO en Ferrol.
Dadas as particularidades da organización do festival nunha praza pública, contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.


PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre".
MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: Funk, Pop e Punk-Rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría de madrugada.
  • Un dos grupos (do máis aló), xa confirmados, son DAKIDARRÍA. Fan un estupendo punk/reggae/ska. Orixinarios de Nigrán, chegarán nunha furgoneta camuflada, directamente dende Madrid, nunha xira total que os levou por Alacante e Valencia.
    + info en:
    http://es.myspace.com/dakidarria
  • Outro dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é
--> -->THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol.
+ info en: http://es.myspace.com/thesweatfunk
  • O terceiro nome do cartel e Ta'crack, fan Pop-Funk Rock e son de Naron:
    +
    info en: http://myspace.com/tacrack

  • ACTOS PARALELOS:
    • - PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de Rádio FilispiM. 93.9FM, con conexións en directo, horas antes do festival.
    • - FEIRA DE COLECTIVOS, con postos e material divulgativo de diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, artesáns, da nosa comarca. Esta feira se desenvolverá nos postos que os colectivos instalarán na propia carpa, cara as 6:00 h. do serán e até que desexaren.
    • - GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM

    OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre".

    O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación. Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS" que estara amenizada por unha Charanga, para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.

    Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) -
    -->Rádio FilispiM, 93.9FM
    Inscrito no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galiza, con nº 2004/007965/1 (AC)
    Inscrito no rexistro de asociacións culturais do Concello de Ferrol, con nº 346

    04 fevereiro, 2008

    Rádio FilispiM, vese obrigada a suspender as súas emisións temporalmente, como consecuencia dos incendios no Ateneo Ferrolán.


    Comunicado urxente do Colectivo Opaíí ! - Rádio FilispiM, 93.9FM - Asociación Cultural.

    Cara as 13:25 horas do día 17 de xaneiro de 2008, un ruido e despois un fume denso, que sae da porta de entrada, alertan a unha traballadora do Ateneo Ferrolán, quen observa como está ardendo o acceso directo ao Ateneo.
    De tod@s é coñecida a estreita vinculación fundacional, do colectivo OPAII-Rádio FilispiM e o Ateneo Ferrolán. Somos socios da entidade e o noso local social está aí, no propio Ateneo. É polo que tamén nos sentimos igualmente afectados polos feitos acontecidos.
    Por si esto fora pouco, o pasado sábado 26 de xaneiro, un novo lume prendeu, como consecuencia dun cortocircuito na instalación eléctrica, seriamente danada no primeiro incidente.
    Pretendemos, con este comunicado,
    1º Deixar constancia pública da nosa solidaridade c@s traballador@s do Ateneo Ferrolán e cos @s voluntari@s de DYA,que sofriron as consequencias do INCENDIO PROVOCADO, contra da cultura, o voluntarismo e da entidade centenaria, AteneoFerrolán.
    2º Unirnos á demanda da xunta directiva do Ateneo Ferrolán, quen reclama ao Concello de Ferrol que:

    a) Se ARRANXE DE INMEDIATO o acceso ao público do Ateneo. As condicións nas que se atopa, logo do acontecido, fan que estean en risco a valiosa e única hemerotea-biblioteca, o propio patrimonio da entidade e, o máis importante, a seguridade e vida das persoas.

    b) Se acometan dunha vez as OBRAS DE REHABILITACIÓN, tal e como está contemplado no acordo de inversións (21 millóns de euros) que en Xullo do 2002 suscribiron o Goberno Local e a Xunta de Galicia para a Rehabilitación do Barrio da Magdalena e Ferrol Vello.
    c) Se respete e se valore a unha Entidade Cultural con mais de 129 anos, facendo Cultura con e para o pobo.

    3º Informar que, as emisións da radio libre, comunitaria e autoxestionada, Rádio FilispiM, 93.9FM, que transmitía dende o mes de agosto de 2005 de xeito ininterrompido, foron suspendidas o pasado sábado 26 de xaneiro, como consecuencia dos estragos do lume na instalación eléctrica do Ateneo Ferrolán.As emisións, das ondas libres e comunitarias, non poderán volver ao ár, até que se garanta o perfecto estado da instalación eléctrica afectada, cuestión que, reiteramos, está a condicionar gravemente as nosas emisións.

    Emprazamos á quen corresponda, a por solución a esta problemática o antes posíbel, en nome da cultura e do sentido común.

    Ferrol, 2 de febreiro de 2008


    O Colectivo Opaíí ! (Ondas Para Activación de Información Independente - Rádio FilispiM)
    é unha Asociación Cultural, sen ánimo de lucro, oficialmente
    constituida no ano 2004.

    18 janeiro, 2008

    Queimam a porta de entrada do Ateneo Ferrolán


    Arredor das 13:25 horas do día 17 de xaneiro de 2008, um ruido e despois um fume denso que sae da porta de entrada, alerta á trabalhadora do Ateneo Ferrolán que ao abrir a porta ve como está ardendo a entrada.

    É sabido que OPAII-Rádio FilispiM, é socio do Ateneo como colectivo, e tem também a súa sede no Ateneo, polo que tambem nos sentimos afectados e queremos solidarizar-nos com @s trabalhador@s do Ateneo Ferrolán e com @s voluntari@s de DYA, que tambem sufrirom as consequencias deste sucesso contra a cultura e contra umha entidade centenária como é o Ateneo Ferrolán, o Pequeno Monstro, que tinha programa esse dia, nom lhe quedou outra que centrar o tema no que acontecera essa tarde, e esta é a entrevista que lhe fixo à trabalhadora do Ateneo.

    Entrevista de Rádio FilispiM á trabalhadora do Ateneo Ferrolán

    Descarga a entrevista en OGG ou MP3

    31 dezembro, 2006

    O Colectivo OPAAII deseja-vos um filispiano 2007!


    Todas as pessoas que conformamos o colectivo OPAII queremos desejar-vos umha feliz viragem de ano e um feliz e prospero filispiano 2007!

    PS: Muito sentidinho esta noite

    20 dezembro, 2006

    Que tal escuitas Rádio Filispim no novo dial?

    Opai compas!

    Queremos saber a vossa opiniom sobre como se escuita Rádio FilispiM no novo dial, para isso apresentamos o seguinte inquérito, que podes responder (ou nom).

    - Notas filispin@ variaçom do sinal desde a mudança de dial de RFM?

    1.- Sim, agora está melhor
    2.- Nom (nom notei nada)
    3.- Nom, prefiro seguir a ouvir "usted dira"
    4.- Continua a ser igual que sempre
    5.- Nom sabia que mudara o dial

    - Desde que zona da Comarca nos escuitas?


    Obrigad@s pola vossa colaboraçom.

    SCESFA (Serviço de Controlo e Estatísticas do Sistema FilispinoAutomatizado)

    14 dezembro, 2006

    Festa apresentaçom novo dial

    Rádio FilispiM vese obrigada a cambiar de dial, do 93.0 ao 93.9 FM.

    O colectivo O.P.A.I.I.!!! celebra o vindeiro venres 15 de decembro unha festa de presentación do que será o novo punto do dial para as emisións da emisora libre e comunitaria Rádio FilispiM. A cita será no local da Fundaçom Artábria de Ferrol, barrio de Esteiro, Rúa Batallóns(ao lado da Casa do Patín) a partir das 22:00 horas. Na festa, os integrantes do colectivo cultural e radial agasallarán aos asistentes con diverso material impreso co novo punto de dial, sendo esta actividade amenizada pol@s pinchadiscos da Rádio FilispiM.
    A emisora Rádio FilispiM comezou as súas emisións no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005, dende o estudo "metro cadrado", no Ateneo Ferrolán. Dende entón colaboran con ela diversos colectivos sociais e culturais da comarca, realizando os seus propios espazos radiofónicos, así como persoas que a título individual enchen agrella da radio libre e comunitaria da comarca con propostas ben diversas.
    A recente publicación do novo Plano Técnico de F.M, fixo que a asemblea do Colectivo OPAII!! - Rádio FilispiM, acordara o cambio do punto das súas emisións no dial, pois o citado Plano Técnico anuncia que na zona de Ferrol a licencia para emisións no 93.0 da FM (no que actualmente emite Rádio FilispiM) sairá a concurso en breve para unha radio privada máis.
    Dende o colectivo se lembra que existe unha campaña a nível estatal pra intentar que as administracións recoñezan e reserven licenzas de emisión para os medios de comunicación que non son nin de titularidade pública nen privada, como é o caso de Rádio FilispiM, que se enmarca dentro do terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.
    Actualmente, a lexislación estatal española en materia de telecomunicacións, non recoñece aos medios comunitarios, polo que estos non poden optar a títulos habilitantes (licenzas), xa que os concursos para optar aos mesmos van dirixidos en todo caso ás radios de titularidade pública ou privada. Por esta razón proxectos do terceiro sector (radios libres e comunitarias) coma Rádio FilispiM, non pode optar a concesión de licenzas, con todo o que esto implica (que non é pouco). Por mor de todo o explicado, Rádio FilispiM vese obrigada a abandonar as súas emisións no 93.0, pasando, dende o día 15 decembro, a emitir dende o 93.9 da FM.
    Finalmente dende o colectivo OPAII!!, se lembra a todas e todos osi nteresados en participaren na grella de Radio FilsipiM, que poden enviar unha proposta de programa radiofónico ao correo da radio:filispina@gmail.com, e obter máis información sobre dela e o colectivo no blog www.opaii.blogspot.com
    Grazas pola redifusión deste comunicado. Colectivo OPAII!!.
    Ferrol, 13 de decembro de 2006.

    28 agosto, 2005

    Rádio FilispiM, xa está no ár!!! (emisión en probas)

    Detalle do cenario do 1º Conspirando por unha radio libre
    Temos o prazer de vos comunicar que o proxecto dunha radio  libre e comunitaria para Ferrol, Rádio FilipiM, iniciado hai agora case un ano e ideado polo Colectivo OPAíí!! (Ondas Para Activación Información Independente ), xa é unha realidade.

    Rádio FilipiM comezou as súas emisións en probas no 93.0 da FM o meiodía do pasado sábado 27 de agosto deste 2005. Nas vindeiras semáns os integrantes deste colectivo ferrolterrán (legalmente constituido como asociación cultural) levarán ao cabo os axustes técnicos precisos para a correcta recepción "da filispim".

    Como sabedes, Rádio FilipiM (RFM), esta concebida coma unha radio de baixa potencia encadrada dentro do ideario das radios comunitarias e libres habidas no mundo, sen patrocinadores ou intereses ente-empresariais. As súas referencias máis inmediatas son: Rádio Kalimera (Santiago de Compostela), Rádio Piratona (Vigo) ou, mesmo, a CUAC FM, radio universitaria de A Coruña. Os nosos referentes estatais: a U.R.C.M (Unión de Rádios Comunitarias e Culturais de Madrid), entre outros. A todos eles: grazas pola vosa inestimábel axuda!. Agradecementos que fazemos extensivos, a tod@s @s ferrolterráns que colaboraron desinteresadamente para fazer real o proxecto: participando nos festivais "Conspirando por unha rádio libre", as bandas de música locais que cederon a súa música para os cedés recompilatorios.... en definitiva, que colaboraron activamente no autofinanciamento do proxecto da activación da primeira radio libre e comuntaria de Ferrol e comarca que xa é unha realidade!!

    En breve teredes máis información ao respeito da presentación oficial do proxecto e da convidación á participación criativa que se avecina. Ao loro! De momento, pedímosvos que nos sintonicedes as emisións en probas e remitades a este mail filispina@gmail.com coas vosas impresións de como chega a "sintonía filispiniana", lugar dende onde sintonizades...

    Lembra, Rádio FilipiM xa en probas, no 93.0 da FM.
    Colectivo Opaii!!! - RFM, 93.9 FM.



    10 abril, 2004

    Agradecimentos filispinianos post-conspiratorios (1º Conspirando).

    Imaxe dunha das faixas incitando ao 1º Conspirando por unha Radio Libre

    Agradecementos tralo suceso do I Festival CONSPIRANDO por unha rádio libre en Ferrol (8/04/2004).

    A coordernadora do Colectivo OPAII!! quere agradecer a todos e todas os que colaboraron no éxito da primeira edición do seu seu festival "Conspirando por unha radio libre" do pasado xoves 8 de abril de 2004, na Estación de Ferrocarril de Ferrol.

    O apoio inmediato do Ateneo Ferrolán deunos forza e credibilidade para que o noso proxecto dunha asociación cultural e unha radio libre estea a facerse unha realidade, os establecementos colaboradores publicitados no cartel do festival posibilitaron a financiación inicial do mesmo, os artistas que desinteresadamente achegaron as súas cancións para formaren parte do noso primeiro CD compilatorio de bandas locais, grazas ao cal atopamos o primeiro motivo para montar o festival...


    ...ao ferrolán Gabriel, xefe de esceario, e o santiagués Ramón, técnico de son, por seren dous auténticos luxos como profesionais e como persoas, a Miguel Alonso, Óscar Fernández e Serxio Ces, Funky Brewster and the Karma Business Band, Loom, Window Pane e La IV Guerra Mundial por actuaren desinteresadamente, pola súa profesionalidade e unhas estupendas actuacións en cadanseu estilo...

    ...á xente de Tamarindo polos seus bocatas e aos pinchadiscos que mantiveron a festa: Pequeno Monstro, Abi, Fonso, Abretedeorellas, Manchita, aos que nos axudan a divulgarmos as iniciativas do Colectivo OPAII e Rádio FilispiM, como Diario de Ferrol, Rádio Fene, CUAC FM, Alonso "As Muxicas", Vieiros, abretedeorellas.com, Localia Ferrol e moitos sitios e individuos na Rede que non caberían nestas liñas...

    ...e tamén agradecemos aos medios que pretenden ignorarnos, porque nos dan un pulo aínda máis forte para apostarmos por un medio de comunicación aberto, libre, ao servizo da comunidade ferrolterrá: Rádio FilispiM. Aos centos de persoas que se achegaron ao festival pola súa resposta e polo seu comportamento, entre todos e todas déstesnos moita enerxía para seguirmos "a todo filispín".

    Coordinadora do Colectivo OPAII - Abril 2004



    Video: algunhas imaxes da pinchada posterior ás actuacións, no I Conspirando por unha Rádio Libre (8/4/2004)

    03 abril, 2004

    Por que umha rádio livre em Trasancos?


    Rádio FilispiM nasce da necessidade dum espaço de livre expressom para todos os colectivos ou individuos que o precisarem e se virem marginalizados nos meios existentes na comarca, nasce para dar a voz aos sem voz, para potencializar e dinamizar a vida e cultura alternativa-revindicativa desta comarca, com umha óptica localista e independente, nom submetida aos particulares interesses de grupos económicos ou de entes públicos.


    Diversas experiências noutros lugares da Galiza, demonstram que é possível. Rádio Kalimero em Compostela, Rádio Piratona e Onda Nada em Vigo, Rádio Discolócate em Ribeira ou Cuac FM na Corunha, servem de modelo e ponto de partida à nossa particular aventura. A Asociación Cultural OPAII, ampara esta iniciativa, assim como a vertebraçom de umha rede cultural alternativa local e outras actividades que apostem decididamente polo de aqui.
    Related Posts with Thumbnails