Pesquisar neste blog

22 novembro, 2026

O FALADOIRO nº 27 – O ENSINO DA MÚSICA (10/11/2026)

Nun mundo que pasa por momentos de crispación que alcanza a mozos e mozas de toda Europa, derivando en ocasións en manifestacións violentas, talvez a música -e outras artes- poderían axudar a acougar os ánimos e canalizar de forma menos estrondosa as súas xustas reivindicacións.

O ensino da música convértese, pois, nun factor fundamental. Para falar diso, xunto cos beneficios no desenvolvemento socioemocional e persoal de quen recibe formación musical, convidamos o programa a Alma Cendán González, vicedirectora do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol e profesora de piano, xunto con Marta García Nieto, pedagoga e violonchelista, directora da escola de música Dando a Nota.

Ambas as expertas, e a preguntas de Césio e Vicente, explicaron tamén outros aspectos acerca de cómo está considerada a música no ensino regrado na educación primaria e secundaria en Galicia, a consideración da música clásica respecto a outras músicas e aspectos relativos a outras artes.

Á vez que agradecemos  a Alma e Marta a súa asistencia ao Faladoiro, pedímoslles desculpas polas dificultades técnicas con que nos enfrontamos para realizar e reproducir cun mínimo de calidade o programa. Desculpas que, así mesmo, pedimos á audiencia de Radio Filispim.

 


 

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]