Filispim vai a Comunidade Terapeutica Tito Pena-Confurco, dependente de ASFEDRO (Asociación Ferrolá de Drogodependencia) situada en Confurco na parroquia Ferrolá de Doniños que dende 2023 leva o nome de unha das persoas que o promoveu Tito Pena.
Podemos decir que e un recurso residencial especializado no tratamento integral das adiccions, dirixido a persoas con trastornos por uso de sustancias que precisan unha intervención intensiva nun entorno estruturado e seguro.
A atención caracterizase por ser voluntaria, confidencial e gratuito, baseado nun modelo de atención centrado na persoa, cun enfoque interdisciplinar que combia intervencions terapéuticas, educativas e socio-laborais. O equipo está composto por prfesionais das áreas médica, psicoloxica, educativa e social, que realizan un acompañamento continuo ao longo de todo o proceso de recuperación.
Neste programa falamos con: Ana Mariño profesional con 41 anos de exercicio como internista , actualmente xubilada e presidenta de Asfedro; Tito Nuñez, psiquiatra, tamen actualmente xubilado e un dos fundadores do proxecto Asfedro-Confurco; Gerardo Sabio, Psicologo da área asistencial , director técnico; Eduardo Carpente, Enfermeiro da Unidade Asistencial con mais de 30 anos de experiencia en Asfedro;
Sabela Miguez, Enfermeira ,Podologa, Psicologa directora asistencial;
Ana Orjales, Educadora social que presta os seu servizos dende a súa apertura ; Carlota Dopico. Educadora social de incorporacion recente ; David, Usuario que acude dende Cordoba para recibir tto de rehabilitación en este dispositivo; Olaia Salorio, tecnica de Xestion e en este momento Xerente de Asfedro
Todos os profesionais considrena moi importante a integración total na rede do SERGAS xa que dende finais do ano 2025 a Xunta aprobou a integración das unidades asistenciais de drogodependencias pero Asfedro o trtarse dunha entidade sin animo de lucro que funciona con convenios de colaboración quedou fora.

Nenhum comentário:
Postar um comentário