O festival de as Meninas de Canido Ferrol non é só un evento, é un movemento cultural cunha historia fascinante que se remonta a 2008. Foi entón cando o pintor ferrolán Eduardo Hermida, veciño do barrio de Canido, tivo unha visión: combater a deterioración e o despoboamento que sufría a súa comunidade cubrindo as fachadas abandonadas con reinterpretacións do soado cadro "As Meninas" de Velázquez. O que comezou como un acto de rebeldía artística converteuse nunha iniciativa de recoñecemento internacional.
Hoxe acompáñanos Carmen, Alexandra e Sfhir para falar da súa participación nesta edicción . Relatan o que significa para eles a arte e como foron os seus inicios na realizacion de murais. Como un profesor foi capaz de vehiculizar unha acción que podia ser considerada unha gamberrada en unha accion artistica e co paso do tempo unha profesión.
Señalamos a importancia da educación como algo definitivo na vida das persoas.
Tamen se comentan as dificultades para conseguir nalgúns casos os accesorios para poder realizar a obra nas condicions mais favorables.
Agarecemoslles que nos dediquen un tempo estes días nos que teñen que aprobeichar as maiores horas de luz posible ......
Grazas artistazos.....
Convidadas: Carmen Martin ; Aleksandra Pelevic´; Sfhir ( Hugo Lomas)
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa; Sonia Fernández Bellas; Eva Tizón Bouzas..
Audio: Vida de Ramón Pla .
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La vita e bella, Nicola Piova; Non saberei darche as grazas,Lucia Perez; Palestina Libre.

Nenhum comentário:
Postar um comentário