A Xanela das Fucas de novo convida a unha muller xoven que inagura unha exposición
Carmen Alberto Rodríguez nos relata como se iniciou no mundo da pintura e cales foron as súas influenzas entre elas a súa aboa Clara que lle inculcou o amor pola arte como digna filla de Rodolfo Ucha e a pintora ferrolá Eva Liberal.
Para ela a pintura é unha forma de esprexión que se trnasmite visualmente. Coméntanos como se sintiu ao chegar á Facultade de Belas Artes na Universidade de Sevilla, cidade da que se namorara previamente nunha viaxe; da relación coas persoas coas que compartía o espazo de aprendizaxe das cales di que aprendeu tanto como dos profesores. Tamén comentamos que significa ser muller e a relación coa pintura. Acompáñaa as súas primas Clara e Ana , ás cales lles realizamos un pequeno atraco e incluímolas na entrevista para que nos falen tamén das súas profesións como arquitectas e relacións familiares como membros do clan Ucha.
Carmen fálanos dos seus proxectos futuros centrandose principalmente na realización do seu post grao continuando co tema da importancia da cotineidad .
Quedamos comprometidas para voler a atoparnos o proximo ano, aqui na radio e seguir charlando de arte , de proxectos e de vida..
Convidadas: Carmen Alberto Rodríguez; Ana Ucha Boado: Clara Navas Alberto
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa; Sonia Fernández Bellas; Eva Tizón Bouzas.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La vita e bella, Nicola Piova; Xota das neves,Sons do talentiño (Sofía Hernández , Antía Barona, voces ; Joaquín Enríquez, acordeón ; David Hernández , guitarra); As miñas flores, Sofía Espiñeira; Palestina Libre.

Nenhum comentário:
Postar um comentário