Pesquisar neste blog

20 março, 2026

O FALADOIRO. Nº 20 - O CONVENIO DE DEFENSA (17/3/2026)

 

 

O CONVENIO DE DEFENSA 

O sucedido e o que esta sucedendo co Convenio entre o Ministerio de Defensa e o Concello de Ferrol interpela a ambas administracións públicas e ás distintas forzas políticas que desde 1998 están a tratar non só de asinar o Convenio (ata 3 distintos asináronse) senón de perfeccionar ou executar o mesmo. Por iso, transcorridos case 30 anos era lóxico que este tema tratásemolo no Faladoiro. Para comentar o acontecido convidamos o Programa a María Fernández Lemos e Miguel Reimúndez, ambos os dous arquitectos e exconcelleiros, xunto Celia Fernández, socióloga de ampla experiencia no Convenio e nalgunhas das recentes alegacións ao mesmo. 

Fíxose un percorrido histórico do Convenio para achegar o necesario contexto e a continuación centrouse a análise na parcela máis relevante das que contempla o Convenio no núcleo urbano, o Cuartel Sánchez Aguilera. Apenas houbo tempo para tratar os plans e posibilidades das outras 9 parcelas na cidade e na zona rural. Plans e actuacións que sen dúbida necesitarán outra década para desenvolverse. Si se falou de mobilidade, xestión de residuos e outras segundas e terceiras derivadas do Convenio.

 

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]