O pasado martes galiza pola paz convocou unha mobilizacion en Ferrol co lema 'Non á guerra imperialista'. Escoitaremos o manifesto en voz de Manuel Rei e Alba García. Gravación de Jorge Mirancos.
O noso compañeiro Jorge déixanos tamén a gravación da intervencion de Sandra Garrido, militante pro palestina,no acto Voces coa Flotilla celebrado o pasado venres no Centro Social Artábria.
A Asociación de veciños de Canido e a Asociación Cultural Muíño do vento comunicannos a suas actividades organizadas polo día da árbore.
En "Novas dialogadas" Inácio e Lupe analizan os distintos níveis de mobilización contra o xenocídio e contra a guerra.
Edu comochoconto déixanos a sua reflexión. “A primeira vítima dunha guerra é a verdade”.
Axenda de concertos:
O venres 13 ás 13:00 concerto de True Mountains na Piruchela e pola noite Supergigante na Sala Urania
O sábado 14 temos a Vimbio no Centro Social Artabria, a Celebration Day homenaxeando a Led Zeppelin na Sala Urania e a Colorado na sala Room.

Nenhum comentário:
Postar um comentário