Pesquisar neste blog

21 fevereiro, 2026

A Xanela das Fucas Nº 141

 Programa  Nº  141 ( 19-2-26)

Comenzamos o programa  recordando os ultimos   feminicidios  en España. Segun Feminicidio-net

15 asesinatos  de mulleres  no que vai do ano 2026.

 Nos acompañan  Juan Galan e  a neta do biografiado Virginia Fernandez   quen comparte os recordos da sua niñez  cando viviu en París   cos seu avos.

Juan Galán recolle en Rotspanier a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi. Como tantos outros españois, a inicios de febreiro de 1939 cruzou os Pireneos para exiliarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial, forzado a traballar en compañías de traballo (CTE e GTE) na zona controlada polo Goberno de Vichy, e, posteriormente, para a Organización Todt, na zona ocupada polos nazis, na construción do Muro Atlántico.
É esta unha obra de grande interese pola información que nos proporciona sobre eses miles de republicanos (os Rotspanier) que fuxiron de Franco para caer nas mans de Hitler.

O proximo xoves 26 se fara unha presentacion no  Ateneo  Ferrolan as 19h.

Quedamos deseosas  de seguir conversando con eles  e  afondar con mais detalles  en esta   vida que   non fascinou dende  a primeira páxina.

Convidadas: Virginia Fernandez  González; Juan  Galán  Suarez.

Fucas que participan en directo:    Chelo Carballal Balsa;  Sonia Fernández Bellas,

AUDIOS:    Relato de  Rafael Pillado do paso pola cadea.  

 A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella (Nicola Piova);La varsoviana  (Warszawianka in French);  The  partisan france 1970 ( Leonard  Cohen)  Libre Palestina, Palestina Libre (Video Lyrics).

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]