Desde o mércores 17 de setembro de 2025 a frecuencia na que viña emitindo Rádio FilispiM (Ferrol/Terra de Trasancos) desde hai 19 anos, 93.9 FM, foi adxudicada a unha emisora cuxo ámbito é Carballo, mais con tal potencia que "varre", literalmente, a nosa emisión. Non é tempo de afondar sobre por que ás radios libres e comunitarias se lles dificulta a obtención de licenzas, mesmo a propia emisión, mais gostarianos que reflexionaras verbo desto. Na procura dunha solución á inseguridade xurídica na que nos atopamos, tras conversacións coa Admón. competente, estamos a emitir en probas no 108.0 FM. Seguimos agardando a que se resolva a nosa solicitude de título habilitante de acordo a Disposición Transitoria terceira da Ley General de Comunicación Audiovisual 13/2022, da que cumprimos todos os requisitos i esixencias.
Continuamos nas ondas con máis forza, nunha FilispiM que vén de facer 20 anos.
Vivan as radios libres e comunitarias!
Comparte! difunde!

Nenhum comentário:
Postar um comentário