Cholo e Flor (acceso estudio da FilispiM en Caranza) |
Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.
Nesta terceira peza participan:
- Pepe Cunha (condutor do mítico programa musical galego Ábrete de orellas, desde a primeira grella da FilispiM en 2005).
- Jorge Mirancos (condutor de Jardim á beiramar prantado, un programa de música portuguesa e da Galiza. Ademáis é parte do programa Universo Nosso, adicado á crianzas, e da redación dos informativos da FilispiM. No pasado foi parte do espazo Direto de esquerdas.
- Marta Corral (integrante da equipa fundadora de Ferrol360, actualmente redatora no Diario de Ferrol. Conduciu o espazo La Hora a Deshora nos inicios da FilispiM, no estudio do Ateneo e Caranza).
- Antonio Orizales (imprescindible técnico de son i equipas da FilispiM, integrante da redación dos Informativos).
*duración media dos audios 4 / 5 min.
*música utilizada: "Ondas de rebelión" (Kuero).
Nenhum comentário:
Postar um comentário