Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

06 novembro, 2024

Informativos, 06/11/2024

 
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 06/11/2024

Sumario:

  • Novas Dialogadas. Lupe e Inacio reflexionan, a partir das consecuencias da DANA no Levante español, verbo dos posíbeis riscos de inundacións na Terra de Trasancos.
  • O Colectivo BBTT de Narón informa sobre a lactación materna en situación de emerxencias.
  • Damos voz a un voluntario da desastre de Valencia, quen denuncia a manipulación do voluntariado por parte das institucións.
  • Crónicas da carga policial e detencións na convocatoria "Galiza con Palestina" en Compostela o pasado 6 de outubro de 2024. Parte I e II.
  • AXENDA. Clube de lectura de Artábria, "Imaxen de Portugal en Galicia" (Carlos Quiroga). Quinta feira, 7 de novembro ás 20:15 h, no seu local social.
  • AXENDA. O Colectivo LGTB+ Avante de Ferrolterra convídanos ás asembleas dos venres. No mesmo espazo, CC de Canido, organizan unha foliada o sábado 9 de novembro ás 12:00 do mediodía.
  • AXENDA. Apresentación en Artábria do libro "A Terra do Eo-Navia. A Galeguidade en Asturias", de Manuel Miragaya. Sexta feira, 8 de novembro no local da asociación.
  • AXENDA. A asociación ASANOG, contra o cancro infantil e xuvenil, prepara unha xornada de actividades lúdico solidarias este domingo 10 de novembro, no CC de Canido.
  • MÚSICA. Despedimos cun adianto acústico do inminente novo single da cantora de Doniños Lidia India, "No Mare".
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte! 

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails