Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

30 maio, 2024

Barriga Verde - especial Ángeles Alvariño (último programa Miguel Anjo)

Miguel Anjo González / Ángeles Alvariño
 

O programa que emitiremos en  Rádio FilispiM o vindeiro domingo ás 17:30 hrs,  hora habitual de "Barriga Verde", énchenos de tristeza e, ao tempo, de orgullo, como compañeiras que fomos de Miguel Anjo González. 

Trátase do seu último traballo radiofónico, adicado á oceanógrafa ferrolá Angeles Alvariño. Miguel Anjo tíñao preparado para a súa emisión en Rádio FilispiM, mais poucas horas despois faleceu. A colaboración da súa familia fixo posíbel localizar esta gravación e poder radiala e difundila polas redes, como era o seu desexo. 

Polo seu interés e lembranza a Miguel Anjo, de todas as persoas que formamos o Colectivo Opaii-Rádio FilispiM, difundimos esta gravación até hoxe inédita. Ademáis pódela ouvir online no enlace que engadimos. 

Todas as persoas que conformamos o Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM enviamos unha aperta a Miguel Anjo, onde estea, un agarimoso saúdo a súa familia e a tódalas persoas que o acompañaron na súa curta pero intensa vida.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails