Programa 
nº 36 -  (18- 6--2020)
Despois dos  meses  
do aillamento    a   Xanela   
das Fucas regresa para compartir   
algún evento  sucedido . 
Cada ano, o 28 de maio
lémbrase como o Día Mundial de Acción
pola Saúde das Mujeres, para, difundir e reivindicar o dereito de toda
muller a gozar dunha saúde (sexual, mental, reprodutiva...) de calidade e
gratuíta. Este ano non tubo unha celebración ou evento público tan especial  coma outros anos,  debido á pandemia que azouta a toda a humanidade
Esta crise afecta as
mulleres de maneira moi relevante en varias dimensións: os coidados (esenciais
para abordar a pandemia) recaen maioritariamente nas mulleres, que asumen maior
carga nas tarefas domésticas e o coidado de menores, en particular co peche dos
colexios; nun contexto de eventual destrución de emprego, as mulleres parten
dunha situación de desigualdade no mercado de traballo e a violencia de xénero
vese agravada en contextos de confinamento como o actual, nos que as mulleres
ven obrigadas a convivir co seu agresor. 
Desde o noso programa
queremos facer recoñecemento a tantas e tantas mulleres que estiveron e están a
traballar en primeira liña de batalla nesta crise sanitaria.
 Tampouco queremos esquecer as últimas palabras
de George Floyd, un home de 46 anos que morreu despois de que un oficial de
policía de EE. UU. inmobilizáseo, presionando o xeonllo contra o seu pescozo
durante case nove minutos. Por iso poñemos de manifesto na voz de Desiré 5
exemplos de Microracismo no noso país .
Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,   Laura 
Couto  Vilches,   Sonia Fernández Bellas,   Eva  
Tizón    Bouza. 
Audios:    5
ejemplos de Microracismos (Desiré), 28 
de Mayo día internacional por la salud de las mujeres,   Arresto 
e norte      de George 
Floyd, Racismo.  
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;      Respect (Aretha   Franklin) .
 

 
 
Nenhum comentário:
Postar um comentário