Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

31 janeiro, 2020

Roxín Roxal. Fragas do Mandeo. Conversa con Fernando Bandín


Fragas do Mandeo é unha singular entidade dedicada á custodia do territorio na comarca das Mariñas. Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou legado, e a través de acordos cos propietarios, busca conservar os espazos naturais da comarca. Fernando Bandín é o principal impulsor desta iniciativa que, á parte da custodia do territorio, implícase en actividades varias de carácter ecoloxista e conservacionista, como as xornadas de divulgación ou a eco-regata que cada ano percorre a ría de Betanzos para retirar toneladas de lixo. 
Fernando, como veterano activista, posúe un coñecemento da situación ambiental da bisbarra e dos seus protagonistas, un coñecemento que expón con claridade e precisión nesta entrevista a cargo de María Gutiérrez Calvete, gravada no estudio de Roxín Roxal o pasado 28 de xaneiro.  


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails