UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº 19. Luns 18 de xuño de 2018.
Sintonía e presentación por parte de Rafa Aguirrebengoa
da sección Outra información é posible.
Opinión sobre a necesidade de escolma e
sentido crítico á hora de buscarmos información. E continuación da sección
cunha reseña da actualidade e as razón que explican o cambio de Goberno. Avaliación
da información feita ao longo destes dezanove programas , con citas a persoas e
medios que serviron de fontes informativas.
Roberto, en Noticias
do Barrio Alto, informa das novas
máis salientables destes días .A posta en marcha do comedor sénior, o novo
sentido do tráfico na rúa Navegantes, a Festa do Lume, a vindeira
Intrabarrial….
O coñecemento,
recoñecemento e homenaxe da
figura de Pedro Guimarey foi o Tema do
día.Participan Jesús Guimarey ( sobriño de Pedro), Chus
Prieto ( Profesora de teatro), Antonio Casal ( Historiador) e o propio Rafa
Aguirrebengoa que fai un resumo dos actos que tiveron lugar o pasado xoves 14.
Emocionadas lembranzas familiares por parte de Jesús Guimarey. Achegamento ao
momento histórico por parte do historiador. Análise da obra Pepa Andrea por
parte de Chus Prieto.
Despedida e audición dun anaco introdutorio de Pepa
Andrea.
Nenhum comentário:
Postar um comentário