Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

28 abril, 2016

Programa Entrelazados Nº 50 [Especial Radioteatro]



O Radioteatro: Rematamos segunda temporada, despedímonos até o mes de outubro cun programa especial de radioteatro, cuxo reparto estivo formado pola colaboradora habitual do programa Carmen Sixto, e pola colaboradora circunstancial Berta, ademais dos mozos e mozas, Lois, Jorge, Blanca e Lara; entre todos e todas representamos as obras [O Roubo da Imaxinación], unha obra de reflexións, logo unha obra breve de humor por título [A Chamada] e rematamos cunha obra de misterio que ten por título [A noite de Samaín]. Todas as obras foron escritas e guionizadas por Xurxo Gago. Música Galega: Operación Can: ["O Ceo"]; Roger de Flor: [Non penso volver a ver a TV]; Sonárbore [Eu teño alguén]; Lenda Ártabra [Labirinto da Vida].

Programa divulgativo en Lingua Galega, coordinado e conducido por Xurxo Gago. Email: entrelazadosnasondas@gmail.com. Twitter: @EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.html Emisións: Ao vivo, mércores de 21:00 a 22:00 h. Reposicións: Madrugada do xoves ao venres de 02:00 a 03:00 h., domingos de 09:00 a 10:00 h. da mañá.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails