Novo programa de Ponte en Galego en Rádio Filispim 93.9 FM, cunha entrevista á actriz Isabel Risco, que foi a encargada de presentar o acto do 17 de maio en defensa da lingua, e outra a Eduardo Mourelle, presidente da Agrupación Folclórica Orballo, con motivo da aparición do primeiro CD desta entidade eumesa. Ainhoa Ruiz preguntou sobre o coñecemento da palabra esteo, e Paco Lodeiro e Miguel Rodríguez, creadores do blogue galego de economía Enxebre Markets, foron entrevistados en directo por Sara Rodríguez.
Nenhum comentário:
Postar um comentário