Nesta nova edición do Ponte en Galego! Carlos Mosqueira e Antonio Lozano entrevistan ao escritor Manuel Rivas, quen estivo en Pontedeume para presentar o seu novo libro As voces baixas.
Sara Rodríguez e Sergio Ríos reproduciron o diálogo gañador na categoría de 3º e 4º de ESO do concurso Tíralle da Lingua na primeira fase celebrada no IES Breamo. Alba e Delia falaron sobre o dito popular ‘San Marcos, auga nos charcos’. Presentouse en antena o IV Concurso de Microrrelatos do IES Breamo. Carlos Mosqueira falounos das novidades sobre o próximo Feirón Medieval de Pontedeume e Laura anunciounos a súa investigación sobre un prato típico de Pontedeume: a costrada.
Nenhum comentário:
Postar um comentário