Desta vez participan no programa Iago e Cholo. Contidos:
- Movilizacións do naval ferrolano con audio de "Divertimento para pequenos monstros"
-Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrolterra e Rede de Apoio Mutuo.
- Concentración convocada en Ferrol pola Plataforma en Defensa do Aforro Público.
- En Vigo, centenares de personas afectadas por tóxicos bancarios tentan tomala sede de NovaGalicia Banco.
- Escoitamos a Ras Bao nun freestyle no programa "Ferrolterrap".
- A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública movilízase demandando a construcción do novo centro de saúde en Ares.
- A CIG convoca folga xeral para fins de marzo, mentres os empregados públicos de Galicia se enfrontan á política de recortes.
- Novo plan de acuicultura da Xunta.
- Coñecemos ó XA en audio do "Pinchacarneiro".
- Escoitámolo trailer de "Escuros, roncos e compasados", o novo documental sobre o Death Metal galego.
- En canto ó Estado Español, falamos da inhabilitación a Garzón, da reforma laboral e do 15-M, que veñen de presentar o "Informativo Indignados", amais do manifesto d@s xóves.
- En internacional, sobre Grecia, A POASY esixe o arresto da troyka; e falamos da manipulación mediática en Siria; acompañados con audios de Silvio Rodríguez provintes de "En Tránsito".
Nenhum comentário:
Postar um comentário