Este programa, no que participan Pablo "chocolateiro", Miguel "en tránsito", un "emerxente" Fran, o "leñeiro" Iago e no que ademáis nos chama Nés dende a "ADEGA", contén:
- O ColectivoOPAII/Radio FilispiM solicitará o ingresar na RemC (Rede de Medios Comunitarios)
- Extraemos un anaco de "Sin Fronteras" no que Mariel nos explica a situación dos colaboradores de comedor dos colexios galegos.
- Entrada da policia no concello na denominada "Operación Torre"; amais da entrada tamén no concello dos traballadores dos asteleiros, neste caso resumido polos monstruosos compañeiros de "Divertimento".
- Un garda civil ebrio paséase por bares de Ferrol apuntando á xente coa sua pistola.
- Educación, pegamos un repaso a un libro de "Educación para a cidadanía", máis escoitamos tamén audios interesantes, neste caso, de "O Recuncho".
- Sacamos un audio tamén do programa "Diagnóstico Positivo" no que Chiki nos explica o nefasto do sistema penitenciario español.
- Industria tramita unha mina en medio dun parque natural.
- O goberno suprime os prazos para abortar.
- A cúpula de Spanair cobraba xornais millonarios mentres a aerolínea se afundía.
Nenhum comentário:
Postar um comentário