Un estudio de radio pódese converter de súpeto [por arte de radio] nun parque outonado, nunha praia deserta de bañistas ou na mirada inocente dun neno. É imprescindíbel que de cando en vez sexa así, para disfrute dos aqueloutrados da radio.Deso foron as emisións de Divertimento para pequenos monstros, na etapa en que o programa se emitia en Radio Fene.
Un 27 de outubro de 2000, unha tal Ana Lucecú e André Divertimento (coa colaboración no primeiro texto de Paulo Puntoeprincipio), interpretan os guións dun tal Pequeno Monstro.
A cuestión foi como segue: o Pequeno Monstro maquinaba en praias solitarias aqueles textos. Despois quedaba con Ana Lucecú no Mister ou no Café do Patín, en Esteiro. Ensaiban os textos e só ficaba procurar melodías infinitas que servirán de almofada a tanto verbo outonado.
O resultado foi o que segue neste programa. Para a vindeira semán máis follaxe.
Nenhum comentário:
Postar um comentário