Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

11 dezembro, 2018

Programa 96 de Sons Revela2

O pasado venres, 7 de decembro, tivemos a sorte de contar no estudo cunha representante da Semente de Trasancos e varios integrantes da banda ferrolá Far Away Place

Dende aqui queremos darlles as gracias por contar con Radio Filispim para dar a coñecer o seu proxecto.


08 dezembro, 2018

Ábrete de orellas, programa 259, 3-decembro-2018

Esta semana constrúo a variedade musical a partir do festival Treme a Terra en Pontedeume, da mini-xira galega de Bart Davenport ou o Accord Trío. 
Sumamos a estrea de cancións dos próximos discos dos Amigos dos Músicos e Factoría de Subsistencia. 
Tamén repasamos orixinal e un par de versións dun clásico como "Police on my Back". 
E pechamos con fermosuras de Uxía e Sumrrá polos seus concertos deste domingo.


  • Accord Trío “Viljandi”
  • Factoría de subsistencia “Non é posible”
  • Os amigos dos músicos “Regaleiche”
  • Ezetaerre “As uvas da ira”
  • Tanxugueiras “Tanxugueiras”
  • The Baboon Show “Afterglow”
  • Lamatumbá “A poli vén detrás”
  • The Equals “Police on my Back”
  • Los Radiadores “Policía detrás”
  • Bart and the Bezzaled “What’s Your Secret (Cleo)?”
  • Uxía “Novas verbas de door”
  • Sumrrá ”Nawal el Saadawi”

Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves

e tamén polas radios municipais
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h. 
 e
PontevedraViva.com os martes ás 21 h.

06 dezembro, 2018

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 285 4.12.2018



FINAL EN HAWAI

Todo un año de océano en océano, de ola en ola, para finalizar en la meca del surf, en las islas, de las que no hace falta decir su nombre. Increíble espectáculo –de alto nivel además- para las chicas en Honolua Bay (Maui) y victoria de Carissa Moore, que no impidió que el título mundial fuera para Stephanie Gilmore. Y ahora la Triple Corona, con su propio título, la clasificación para el año próximo y –sobre todo- el título mundial, todavía en juego entre Gabriel Medina, Julian Wilson, y Filipe Toledo.
Gonzalo Casal -Súper-, Clyde Martin y Rubén González en el estudio y Vicente Romero desde Tenerife, es decir, nuestro panel de analistas, hacen un repaso a todo lo acontecido hasta hoy y –lo que es más difícil- hacen sus pronósticos para la Triple Corona –ojalá sea el broche de oro de Parko- y para la victoria en Pipeline (con la presencia segura de John John y Kelly Slater) y el título mundial 2018. A ver si aciertan, lo que no cabe duda es que nos espera una semana apasionante delante de la pantalla de internet, soñando que estamos en Hawái. Poca música escuchamos en el programa, pero eso sí, buena: Jack Johnson & Eddie Vedder, Allah-Las y otra banda llamada, como no, Hawai.

03 dezembro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 30. Luns 26 novembro 2018.

Sintonía e comezo do programa con agradecementos a cantas persoas fixeron posible chegar a este programa Nº 30.
Presentación dos convidados e pase ao Obradoiro Medioambiental no que Camilo Casal expón a natureza do gas Radon. Expón, tamén , os perigos da súa presencia nas casas e medidas a tomar neste caso.

O 25N vai ser o único motivo do guión do resto do programa. Razóns desta programación e continuación coa presentación de textos literarios relativos ao 25N da autoría de Esther Val. Lectura destes textos  feito pola propia autora, ademais de Xaime Rei, Esther Estévez e Chus García. Pase a sección Vivo, penso e declaro , coa participación de Paula Calvo, presidenta de ALMAT( Asociación loita contra o maltrato).   De seguida, Chus Prieto inicia o debate sobre o 25N desenvolvendo a idea de que previo ao maltrato sempre hai uns marcadores, unhas manifestacións . Debate  ao que se convida a participar as xentes alí presentes, ademais de Coca Díaz, Psicóloga de Almat .
Agradecementos e despedida con Faltriqueira interpretando As sete mulheres do Minho.

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa 29. Luns 19 novembro 2018. 

Soa música da rúa e comeza o programa coa presentación  do documento ”Canido necesita.!8 puntos.”  por parte de Roberto Taboada .Comentarios arredor destes puntos e aviso de que vai ser presentado no Concello  o vindeiro martes 20, esperando ser recibidos polo Alcalde.
Polo correo do vento fai reseña da actividade  de  lectura infantil e xuvenil, desenvolvida a semana pasada. Tamén se fai un recordatorio da próxima convocatoria e chamamento á doazón de libros.
No Obradoiro de Historia os compoñentes de Ferrolterra Antiga (Antonio, Rubén, Manu), fixeron un percorrido polo barrio facendo explicación dos nomes das nosas rúas.
Bicos sen fronteiras é o titulo do texto elaborado por Esther Val e que foi dramatizado pola autora e por Marisol Seoane. Entrevista ás dúas por parte de Chus Prieto que logo pasa a ler as actividades teatrais da comarca.

Na sección Outro mundo é posible, Rafa Rodríguez entrevista a Manolo Rivera, premio Vicente Ferrer deste ano. Exposición do Proxecto merecedor do Premio e, ademais, de temas relativos ao mundo do ensino.
Despedida con Shostakóvich, que este xoves poderemos escoitar no Jofre.


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 28. Luns 12 novembro 2018. 

Comezo do programa  “moendo café” para pasar a sección  Noticias do barrio Alto na que Roberto Taboada informa da apertura da Biblioteca Xuvenil e infantil . Informa tamén da presentación do libro de Antonio García Teijeiro. Para rematar informe da rúa Lili e Cangrexeiras.
En Polo correo do Vento , Rafa Aguirrebengoa  informa sobre os traballos que se están a realizar na Biblioteca para poñer a funcionar definitivamente a Biblioteca Xeral do barrio de Canido. Informe tamén sobre a presentación do documental Ferrol Rebelde .
A crise do 2008 e as súas consecuencias foi o cerne da exposición feita por Rafa A. na sección Outra información é posible.
Paulino Gasalla participa en Vivo, penso e declaro.
Con motivo do aniversario do afundimento do Prestige, pásase  logo a unha pequena lembranza persoal dos sentimentos e vivencias que naqueles momentos tiveron cada un dos compoñentes participantes no programa desta tarde.
Camilo Casal remata a súa exposición sobre Vivenda bioclimática e propón para a seguinte sesión do Obradoiro medioambiental, un estudio sobre o gas Radon.


UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa Nº 27. Luns 5 novembro 2018. 


Sintonía e axiña música de Carlos do Carmo, O homem das castanhas, motivadora dun magosto radiofónico, sen truco e sen tratos, no que participa a xente convidada a este novo programa, número 27.
Roberto Taboada presenta as actividades  do magosto que vai celebrarse o sábado vindeiro .Pasa logo a informar da reunión que, co obxectivo de coñecer propostas municipais sobre o Premio Cidade  Alegre, realizouse coa Concelleira de Urbanismo. Pide Roberto participación veciñal para a inversión deste Premio extraordinario.
En Polo correo do vento, información sobre a dedicatoria dunha rúa a Reme. Tamén  información da Tertulia no Muíño coa proposta de Antón Cortizas “A que xogabas de pequeno”. Presentación da nova fornada de Outra información e posible, enviada por Xulio Betegón.
Novembro de defuntos foi o tema tratado polos compoñentes de Ferrolterra Antiga. Tradicións e costumes arredor da historia funeraria da xente do común. Salientar a referencia ao Cemiterio de Canido.
Fóra do mapa, outro xeito de ver e facer teatro, foi o cerne da entrevista que Chus Prieto, na sección Teatro do Muíño, lle fixo a Cristina Moreira. Posterior información das actividades teatrais que van ter representación na vindeira quincena en Ferrolterra.
Nieves Losada, traballadora social, participa na sección Outro mundo é posible. Entrevista e debate con Rafa Rodríguez desenvolvendo a idea da necesidade dos Servizos Sociais como ferramenta para o benestar social.
Remate do programa , remate do magosto e soa, de novo, O homem das castanhas.


UNHA TARDE NO MUÍÑO.

Programa Nº 26. Luns 29 outubro 2018. 

De Tokio a Canido. Comezo do programa con entrevista que realiza Roberto Taboada a Esther Rivera, para coñecer a súa impresión e vivencia no Barrio logo de morar anos no Xapón.
Polo correo do Vento. Información da actualidade programática do Muíño.
Ele non, canción de Caetano Veloso introdutoria da sección Outra Información é posible na que Rafa Aguirrebengoa analiza e razoa os resultados electorais que se están a dar en Brasil e outras partes do mundo. Nun segundo punto comenta Rafa a venta de armas a Arabia e outros Países non democráticos.
Antón Cortizas participa en Vivo, penso e declaro.
Camilo Casal no Obradoiro medioambiental expón as vantaxes e inconvenientes das casas bioclimáticas .
Despedida e Das Wander….

Related Posts with Thumbnails