Esta semana constrúo a variedade musical a partir do festival Treme a Terra en Pontedeume, da mini-xira galega de Bart Davenport ou o Accord Trío.
Sumamos a estrea de cancións dos próximos discos dos Amigos dos Músicos e Factoría de Subsistencia.
Tamén repasamos orixinal e un par de versións dun clásico como "Police on my Back".
E pechamos con fermosuras de Uxía e Sumrrá polos seus concertos deste domingo.
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.
Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com
Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.
Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves
e tamén polas radios municipais
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Nenhum comentário:
Postar um comentário