UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 30. Luns 26 novembro 2018.
Sintonía
e comezo do programa con agradecementos a cantas persoas fixeron posible chegar
a este programa Nº 30.
Presentación
dos convidados e pase ao Obradoiro Medioambiental
no que Camilo Casal expón a natureza do gas Radon. Expón, tamén , os perigos da
súa presencia nas casas e medidas a tomar neste caso.
O 25N vai ser o único motivo do guión do resto do programa. Razóns desta
programación e continuación coa presentación de textos literarios relativos ao
25N da autoría de Esther Val. Lectura destes textos feito pola propia autora, ademais de Xaime
Rei, Esther Estévez e Chus García. Pase a sección Vivo, penso e declaro , coa participación de Paula Calvo,
presidenta de ALMAT( Asociación loita contra o maltrato). De seguida, Chus Prieto inicia o debate
sobre o 25N desenvolvendo a idea de que previo ao maltrato sempre hai uns
marcadores, unhas manifestacións . Debate
ao que se convida a participar as xentes alí presentes, ademais de Coca
Díaz, Psicóloga de Almat .
Agradecementos
e despedida con Faltriqueira interpretando As
sete mulheres do Minho.
Nenhum comentário:
Postar um comentário