Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 dezembro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO.

Programa Nº 26. Luns 29 outubro 2018. 

De Tokio a Canido. Comezo do programa con entrevista que realiza Roberto Taboada a Esther Rivera, para coñecer a súa impresión e vivencia no Barrio logo de morar anos no Xapón.
Polo correo do Vento. Información da actualidade programática do Muíño.
Ele non, canción de Caetano Veloso introdutoria da sección Outra Información é posible na que Rafa Aguirrebengoa analiza e razoa os resultados electorais que se están a dar en Brasil e outras partes do mundo. Nun segundo punto comenta Rafa a venta de armas a Arabia e outros Países non democráticos.
Antón Cortizas participa en Vivo, penso e declaro.
Camilo Casal no Obradoiro medioambiental expón as vantaxes e inconvenientes das casas bioclimáticas .
Despedida e Das Wander….

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails